22 de mar. de 2013

SAN BENITO CAMBIA OS EUROS POLO OURO

"OS XEITOXIÑOS " E "OS CARBALLEIRAS"  ACOMPAÑARON NA PROCESIÓN
Os que peinamos canas nunca vimos unha imaxen  tan singular coma a de onte na festa
de San Benito de Primaveira, e non foi outra que o manto do santo iba “limpo” de euros, por primeira vez vimos que o habito do monxe mais famoso do Salnés non levaba un só euro colgando, en troques como se estivera acorde cos tempos San Benito levaba varias cadeas de ouro colgando, onte convertirono nunha especie de “COMPRO ORO”, con todos os respetos. 
Anécdotas aparte todos sabemos que os cambadeses son grandes devotos de San Benito e especialmente os trianeros e onte demostrárono unha vez máis, asistindo masivamente ás misas e a procesión do día, portando os seus ofrendas ao máis “milagreiro”, e especialmente acudindo os bares da zona a tomar os típicos callos de San Benito, dos cales era unha fenomenal especialista Lolita a do Vajo, canto a botamos de menos, ainda así tivemos a  sorte de probalos da man da súa filla no Vago Viños, que por certo tamén estaban moi bos. 
Os devotos portaron figuras de cera que entregar ao santo para pedirlle o seu intercesión nalgún problema dermatológico ou outra cuestión, ou darlle as grazas por favores concedidos anteriormente. 
San Benito de inverno é unha das citas relixiosas máis importantes da vila, onde non faltan os postos de venda de figuras de cera e de rosquillas que os devotos gozan tralos actos relixiosos. 
A imaxe de San Benito saíu do templo coa procesión, tras unha mañá chea de misas relixiosas no seu honor, e para culminar a xornada coa procesión, na que participaron “Os Xeitosiños” e “Os Carballeiros” que puxeran a nota floclórica do día. 

REPORTAXE GRÁFICA DO DÍA: 












Ningún comentario: