A CARREIRA ESTE ANO IA SER TODA UNHA HOMENAXE A DOMIN.
Debido as condicións metereolóxicas a dirección do centro I.E.S. Asorey, organizadora este ano da “Carreira do institutos”, comunicou oficialmente a suspensión da mesma “sine die”.
 |
Estampa típica da carreira Domin e Sabina correndo en equipo. |
A tradicional «Carreira do institutos» que organizan os centros Ramón Cabanillas e Francisco Asorey de Cambados teria e seguro que vai ter este ano nome propio: o de José Manuel Domínguez Sánchez «Domin» . A organización decidiu dedicarlle a proba a este profesor como homenaxe, coincidindo coa súa xubilación. Domínguez estaba entre os organizadores desta carreira e impartiu clase de ximnasia durante tres décadas a alumnos do colexio San Tomé e do IES Francisco Asorey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario