27 de maio de 2013

A FESTA DO CUBATA FOI UN FRACASO

A PÓLEMICA FESTA ACABA CON DENUNCIAS CRUZADAS.
Segundo O Faro de Vigo,  a festa "Cubatas a un euro" de Castrelo non saíu como a comisión esperaba. Apenas uns poucos mozos acudiron o sábado pola noite a un evento inspirado no
"macrobotellón" de Silleda, segundo contou a organización,  que fai uns meses reuniu a 5.000 persoas. Os que asistiron apuntan que todo estaba moi ben organizado, pero que o ambiente foi pobre. Os 50 metros que había de barra quedáronse grandes. Había bebida para 10.000 combinados e apenas se venderon 1500.
Tratábase, simplemente, de seducir ao público a base de vender cada combinado ao módico prezo de 1 euro. Xuventudes Socialistas non só cuestionó a idea por pouco edificante, acusou ademais ao Concello arousano e á Diputación, ambos gestionados polo PP, de empregar diñeiro público no seu patrocinio.
 A organización, que o negou, do mesmo xeito que as dúas institucións, replicou que os seus carteis foran saboteados (feito máis que improbable xa que o pánfilo do noso alcalde recoceu que se fixeron carteis no concello) o  e o asunto acabou nun cruzamento de denuncias ante a Garda Civil e a Policía Autonómica. 




Ningún comentario: