DIXO: “PARECE NARANJITO CON CASCO”
Ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Mexillón de Galicia e a Rafael Louzán non lle gustaron as bromas sobre a mascota
feitas polo programa de La Sexta, 'El intermedio' que conduce o Gran Wyoming.
feitas polo programa de La Sexta, 'El intermedio' que conduce o Gran Wyoming.
Todo empezou cun chiste cando se falaba do caso Gurtel, en concreto, o programa de La Sexta indicaba como o PP quería formar parte da acusación particular da trama de corrupción pero sen asumir ningún tipo de responsabilidade na mesma, o que levou ao Gran Wyoming a facer o seguinte comentario comentario "iso é coma se os responsables da Volta ciclista a España non se quixesen responsabilizar da merda de mejillón que elixiron como mascota este ano e pedísenlle danos e prexuízos ao que o debuxou".E engadiu "ese home é inocente, o seu único delito é non ter ningún amigo que lle dixese: por favor si vas debuxar montada en bicicleta elixe un animal que teña patas".
A broma continuou no programa do xoves, e de novo coas imaxes de Mexi-llon como referencia "Como pode un animal tan fermoso converterse en algo tan feo?, moi sinxelo porque en realidade non é un mejillón é naranjito cun casco".
"Si o que queren é que digamos que esta merda de mascota é bonita non o van a conseguir¡Somos un programa libre, non nos doblegaremos ante os intereses do lobby mexilloeiro!". Na páxina web do programa pódese velo momento no corte número 5.



Ningún comentario:
Publicar un comentario