15 de xuño de 2013

AFECTADOS POLA REGULARIZACIÓN DAS EMBARCACIÓN REUNENSE NA ILLA DE AROUSA

Hoxe ten lugar no Auditorio da Illa de Arousa unha trascendental reunión sobre a regularización das embarcacións da Flota Pesqueira que comenzou as 18.45 horas.
Dende hai moitos anos a Administración foi permisible en que o sector modificase as características das embarcacións. Estas modificacións tiveron lugar principalmente por seguridade.. As embarcacións antigas eran a remos, velas, sen motor, con cascos e estructuras non seguros, etc… 
O sector veuse obrigado en realizar melloras das embarcacións (cambiar a madeira por poliéster, os remos por motores, etc…), có cal as características antigas cambiaron por unhas novas. Esto permitiuse durante anos. 
Dende o propio sector, lévase pedindo dende hai alomenos 15 anos, que se regularice esta situación, é decir, que os datos reais e actuáis das embarcacións se anoten na súa documentación. 
Desde distintos gobernos (autonómicos/estatais), realizáronse varios intentos de regularización das características, pero ninguna delas tivo uns efectos axeitados xa que non se contemprou a realidade da flota e o que é peor, limitaba a capacidade das embarcacións, disminuindo incluso os dereitos de traballo, pesca, transmisión, reforma das embarcacións, etc… Incluso se obrigou ao sector a realizar proxectos técnicos por empresas de inxeniería, e logo de ter presentado todo diante da Administración, lles denegaron a regularización e/ou a paralizaron.
O custe económico que terían que soportar para aportar tódala documentación e medios para regularizar, faise imposible nestes intres, toda vez que o sector está a soportar unha importante crise deribada da crise económica global que se está a dar. 
Neste intre estase levando a cabo un proceso de regularización que novamente non vai a solucionar de xeito definitivo e real o problema da flota e o sector pesqueiro. Polo tanto, SOLICITAMOS que as Administracións competentes procedan á decreta-la REGULARIZACIÓN DEFINITIVA DAS EMBARCACIÓNS PESQUEIRAS-MARISQUEIRAS de Galicia, nas mesmas condicións declaradas polos propietarios; QUE se actualicen a totalidade das características de Cv-Gt`s-Materiais-etc..que na actualidade presentan as embarcacións, mantendo as mesmas condicións declaradas e sin que dita actualización supoña nin a perda de dereitos pesqueiros, nin de dereitos transmisión-venda-construcción-aporte de baixas-subvencións-etc.. nin que supoñan o esaxerado desembolso económico, excesivas tramitacións burocráticas, etc.. que se están a dar. QUE se amplíen os prazos de 4 meses que se piden aos propietarios para remata-lo presente proceso de regularización, xa que existen DIFICULTADES MANIFESTAS E REAIS PARA que o 100% dos propietarios poidan adquirir e/ou aportar baixas para regularizar. 
MOTÍVASE A PRESENTE SOLICITUDE xa que non existe na actualidade a cantidade necesaria de cabalaxe, GTs, etc.. para poder aportar como baixas e poder regulariza-la totalidade das embarcacións; polo abusivo custe e sobre-valoración económica que se está a presentar para poder adquirir embarcacións para aportar como baixas para regularizar; por motivos de seguridade das tripulación, de mantemento da frota e dos postos de traballo; 
Pedimos Decretá-la regularización definitiva das embarcacións pesqueiras-marisqueiras de Galicia nas mesmas condicións declaradas polos propietarios, que se actualicen a totalidade das características de cabalaxe,tonelaxe,materiais,etc que na actualidade presentan as embarcacións, sin que dita actualización supoña a perda de dereitos pesqueiros nin de dereitos de transmisión, venda, construcción, aporte de baixas-subvencions etc e pola defensa e maior seguridade dos postos de traballo no sector do mar en Galicia.
A plataforma de afectados tamen están recollendo sinaturas via internet  , en change.org, . O enlace e este:

Ningún comentario: