17 de xuño de 2013

II SERÁN DA CAPELA EN XIL MEAÑO

A Asociación Cultural Penaguda de Dena en colaboración coa Taberna de Cancela convídanvos
unha vez máis ó serán da capela.
O serán terá lugar no entorno da Capela das Angustias en Xil (Meaño ) o vindeiro 22 de xuño de 2013 ás 22 horas. Mais adiante indicámosvos cómo chegar.
Como o ano pasado, haberá chocolate quente, churros e queimada totalmente gratis para todos os que se acerquen ata alí.
Trae o teu instrumento...e a tocar!!
CÓMO CHEGAR:
Os que collen a Ap9 teñen que coller a saída direccion Cambados, Sanxenxo... por a AG41. Logo tomar a saída Dena, Meaño e guiarse polos carteles ou señalización postas para o serán (carteis azuis).
Mirando o enlace de arriba non tendes perda ningunha!
Festa rachadaaaa!!

Ningún comentario: