23 de xuño de 2013

“NOITE FECHADA” NO PUB PIRATA DE CAMBADOS

PERO NON VOLO PERDADES, ¡¡¡XA TEÑEN FECHADO UN CONCERTO NA FESTA VIKINGA DE CATOIRA!!!
Un dos grupos mais de moda da nosa vila os incribles “Noite  Fechada” estará afortunadamente de novo na nosa vila esta vez será no Pub Pirata da Rua Infantas de Cambados, e a cita será o vindeiro 6 de xullo (sábado) a iso das 12 da noite a entrada é de balde.
Noite Fechada, así o din eles no seu blog,   nace dunha coña o 9 de decembro de 2012, dun cachondeo entre Matías, Carmelo e Gustavo un domingo de resaca no Encontro, e como non podía ser doutra maneira, tratamos de contar calquera carallada que nos pasa ou se nos ocorre en clave de cachondeo. Empregamos o noso ghallegho típico para versionar (ou máis ben violar…) coñecidos temas que sempre tiran cara o rock.
O s seguintes concertos que se sepan destes monstruos da música son os seguintes:
13/07/2013 (sábado) – Concerto no festival Rockanos en Arcos da Condesa, Pontevedra
Hora: 23.30 h
Enderezo: Arcos da Condesa, 36655, Pontevedra
Entrada de balde
03/08/2013 (sábado) – Concerto na LIII Romaría Vikinga en Catoira, Pontevedra
Hora: Por confirmar
Enderezo: Catoira, 36612, Pontevedra
Entrada de balde

Ningún comentario: