28 de xuño de 2013

POÑA UN “TESTIGO DE JEHOVA” NA SUA VIDA

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Debo confesarvos, queridos amigos, que hai días en  que me levanto con pensamentos
inmorais, escandalosos e, ata certo punto,  pornográficos; pero non pensedes que falo de mulleres sen roupa, con tremendas curvas e grandes peitos ou das cousas propias do fornicio e a luxuria sexual, non, a cousa non vai de iso. 
     
En realidade o que me pasa, a veces, cando esperto é que me da por pensar que o Partido Popular é un partido serio, un partido con xente respectable. No meu delirio, chego ao extremo de crer que, quizais, os mais de 50 millóns que Barcenas ten en paraísos fiscais é froito, como el mesmo defende, dos seus negocios (negocios que non acaba de explicar ben en que consistían) e non da súa faceta como tesoureiro do partido ;  tamén me da por pensar que Rajoy  preocupase, realmente, polos problemas dos cidadáns  (parados, xubilados, funcionarios, afectados polas preferentes, estudantes etc.) e non de beneficiar  á banca, ó clero e ás empresas  dos seus amigos; en definitiva, eses días  penso que igual o PP non é tan malo. 
     
Isto mesmo pasoume fai unhas dúas semanas, espertei e, aparte de pensar todo o que veño de relatarvos, doume por meditar, que , quizais, o alcalde de Cambados non é tan incompetente como intenta  disimular e que non é un “pelele” como o demostra dia tras dia;  tamén doume por pensar que Tourís é un político honrado e ata que ¡Louzán sabia falar!. 
      Cando me asaltan estes pensamentos ou,  como o chamo eu,  “síndrome da P.E.P.A” (Profunda Empatía Pepera Aguda), que me fan dubidar da miña ideoloxía,  boto man dunha terapia de choque, realmente efectiva, consistente en pasar un bo rato escoitando ou lendo á prensa da “caverna mediática”: “La Razón”, “ABC”, “COPE” etc. e podo asegurarvos que tras ese intervalo de tempo, “encabronome” tanto e póñome de tal  mala “hostia”   que me volvo mais de esquerdas que Dolores Ibarruri “A Pasionaria”. 
   
  Nesas estaba o outro dia que,  para quitarme os malos pensamentos  que os  veño de relatar, puxen no televisor a canle   Intereconomía TV; nese momento estaban cun debate que os tiña moi indignados:  non era o paro, os desafiuzamentos de familias humildes  ou os abundantes casos de corrupción do PP, non, o que lles exaltaba era  un pobre home que tivo a xenial ocorrencia (ao meu parecer polo menos) de chamar “Chochito de Oro”  á vicepresidenta do goberno.  
      ¡Ah! ¡Que periodistas mais imparciais e independentes! Cando fai algún tempo, outro político, en aquela ocasión do PP,  dixo aquilo de que “as leis son como as mulleres, están para violalas” non os lembraba eu tan alterados, raro nun medio tan “obxectivo” como é Intereconomía TV. 
      Estaba escoitando o mellor do debate, no que un dos contertulios dixo a frase definitiva: “ ¡ese concelleiro do BNG é terrible se ata se parece a Maduro!”, o que me daba a entender que non lle tiñan moito aprecio ao presidente de Venezuela.    
      De repente soou o timbre da casa  e alí estaban............


Dous “testigos de Jehova”   na porta, coa seu sorriso permanente na cara. 
      Os que me coñecedes xa sabedes que non son un home de profundas crenzas relixiosas, mais ben todo o contrario, respecto, iso si, as crenzas de todo o mundo (cristiáns, musulmáns , budistas etc.) pero, sinceramente, nunca entendín porque unhas relixións tenden a crerse  mellor que outras, xa que pra min todas son iguais e, lembro, cando era un rapaz e acudía á misa do domingo con “Pisalleira”, “Piriqui” e demais rapazada da época e no momento en que Don José, o párroco estaba no acto da eucaristía, eu deixaba voar a miña imaxinación de neno e, en vez de sacerdote, víao transformado  nun feiticeiro dunha tribu africana ou no líder relixioso dos Apaches  a punto de poñerse a  bailar a danza  da chuvia..... 
     
Pero como estaba a dicir, tiña na porta da casa a dous  “testigos de Jehova” 
      Sempre chamoume a atención  os membros de esta congregación relixiosa, non pola súa  mensaxe senón pola fe cega que amosan pero, sobre todo, pola paciencia,  a tranquilidade e como  nunca perden a calma. 
      En serio, querido lector, se ti  te consideras unha persoa con ataques de ira, que se irrita  con facilidade ou con tendencia  a caer no enfado non vaias ao psicólogo nin recorras a filosofías orientais, simplemente, pasa dúas ou tres semanas, acompañando a estes señores, porta por porta, e aprenderedes o que é a serenidade total, vamos, que a Nai Teresa de Calcuta ao voso lado semellará unha integrante da Kale Borroca. Por iso xa fai tempo,  propúxenme como meta a parte de ter un fillo (xa teño tres), plantar unha arbore ( os dous últimos que plantei no meu xardín , dan unhas cereixas deliciosas) e escribir un libro ( algún dia verei se me animo a editalo), un reto moito mais difícil aínda:  cabrear a un “testigo de Jehova” (confeso que a veces son un pouco cabroncete) ........      
     
En concreto eran dous (sempre van en parellas) un deles tería uns cincuenta anos ou outro, si me din que ten cen anos crearíamo (dende logo estaba mais preto de reunirse con Deus pronto que de convencer a alguén da súa existencia); elegantemente vestidos,  coas súas camisas impolutas e, como non, coa revista  “¡Despertad!”   na man.  
- “Bos días ¿tería un momento para falar con nos?” dixo o mais novo. 

- “Como non pero xa lles aviso que non son crente e menos aínda no que vostedes predican”   díxenlles como mesmo sorriso na cara que eles amosaban.


- “ Todos cremos en algo” dixo se alterarse un ápice (cada dia veñen mellor preparados para ter resposta a todo).

- “ en iso ten razón aínda que a miña única relixión é a ciencia, ¿vostedes creen na ciencia?” pregunteille, coa intención de que caese na trampa que lle preparaba. 


- “pois claro non son incompatibles” respondeume, o que me dou pe a lanzarlle a primeira estocada.....

- “ pois non o parece porque vostedes prefiren que morran os seus fillos a que lle fagan unha transfusión de sangue como xa ten pasado en algunhas ocasións” 
Por un momento perdeu o sorriso da cara, pero recuperouse de inmediato e contraatacou: 
- “Hoxe en dia xa hai substitutivos da  sangue, xa non hai que chegar a eses extremos”  dixo intentando xustificar o inxustificable. 

- “ iso non é de todo certo, están aínda en fase inicial experimental” dixen coa seguridade que me daba lerme os prospectos  que che dan sempre cando vas a doar sangue para que non abandones tal solidaria práctica.   
De repente o compañeiro (o coetáneo de Matusalén ) que ata entón  permanecía calado, o cal xa me estaba facendo pensar se era mudo, falou: 
- “¿Entón non cree que existise Jesucristo? ¿non?” díxome todo indignado.



- “Depende” díxenlle preparando  unha segunda estocada 

- “¿Como que depende? ¿ou existiu ou non?

- “¡Como personaxe histórico, claro que existiu, si ata o calendario occidental basease no seu nacemento! O que non me creo é o carácter de mago ou superheroe que lle da a biblia, iso de camiñar sobre as augas.....  unha de dúas: ou só é un conto ou  o fillo de Deus era en realidade un pato” 

O vello intenta contraatacar: 
- “¿Entón non cree que resucitou a Lázaro?” 

- “Non e aínda que así fose ten mais mérito o do Príncipe Azul”   


- “¿O Príncipe Azul?” pregunta intrigado 

- “Si, o que bicou a Bela Durminte, Jesucristo espertou a Lázaro aos catro días pero  o Príncipe espertou a Bela Durminte aos cen anos, vamos, que lle pulverizou o record”  díxenlle ironicamente. 

O compañeiro vendo que por aí non sacarían nada en claro, preguntoume, intentando cambiar de terzo.

-“¿ Sabes como se creou o universo?”   

- “Home, non son
Stephen Hawking precisamente, senón mais ben todo o contrario pero polo que teño lido sobre o tema si, vamos, a teoría do Big Bang, a gran  explosión inicial e todo iso”.

- “ ¿ O sexa, segundo ti é froito da casualidade?, non cres que o universo é demasiado perfecto?  a biblia di que......



- “ Sei o que di a biblia, concretamente na Xénese, que Deus fixo todo o mundo en seis días e ao sétimo descansou, eu tamén leo a biblia, pero déixenme que lles lembre que non deixa de ser un  precioso libro de ficción escrito por homes......”

- “ Si pero baixo a influencia divina” dime interrompéndome 

- “¿Onde di que foi escrito baixo influencia divina?” pregunto eu intrigado

- “ Na mesma biblia” dime todo convencido 

Boto unha atronadora  gargallada que esperta aos meus cans tombados ao meu carón.

- “ Xa pero volvo a dicirlles que a escribiron homes de carne e oso,  e para promovela  que mellor que dicir que os influíu Deus, e como si eu para publicitar  unha novela afirmo que me axudaron Cervantes e Shakespeare, unha noite  que viron do mais ala e fómonos de viños” dígolle  sarcasticamente 

   Finalmente todo acabou en empate técnico, eu non conseguín cabrealos e eles decatáronse que non me darían convencido de entrar nas súas crenzas, metinme de novo na casa, na televisión os de Intereconomía, pedían, pouco menos que se fusilase ao amañecer ó concelleiro do BNG que chamou “Soralla” a Chochito de Oro ....¿ou foi ao revés? 

UN SAUDO A TODOS 
      RICARDO DOMINGUEZ REY 

  NOTA PARA OS MAIS CRENTES: REPITO QUE RESPECTO TODAS AS RELIXIONS, ESPERO QUE NON OS OFENDADES E RESPETEDES  A MIÑAS “NON CRENZAS” ; TAMEN LEMBRAROS QUE COMEZA A EPOCA ESTIVAL E DE VACACIONS E OS HOSPITAIS NECESITAN MAIS QUE NUNCA SANGUE, FACEROS DOANTES, E A MELLOR MANEIRA DE AXUDAR ÓS DEMAIS, MAÑAN PODERIA FACEROS FALTA A VOS.... E SI XA O SODES NON VOS ESQUENCER DE DOAR REGULARMENTE. 


NOTA DO ADMINISTRADOR: as imaxes foron seleccionadas polo administrador.

   

Ningún comentario: