23 de xuño de 2013

SABIA DECISIÓN DA DIRECTIVA DO XUVEN

OS SOCIOS DECIDIRAN SE SAE O EQUIPO EN LEB PRATA OU NON.
III CAMPOS DO XUVEN
Os "vellos rokeros" nunca morren.
Se a estas alturas de xuño hai algo claro en Cambados é que a directiva do Xuven está a traballar de arreo para que o os amarelos salgan na LEB PRATA  a tempada que ven. Jorge Castiñeiras e o grupo humán que dirixe están a facer mais que o imposibel para que o equipo poida por primera vez na historia desputar a liga de prata do basquet estatal. Un bo treito xa o teñen feito, falta que se implique o sector privado, pero cos tempos que corren tamén e entendiibel, sobre todo o sector do viño Albariño, porque queiramos ou non moitos periodistas sempre se referin o Xuven como “o equipo da vila do Albariño”. Falta somentes un 25% para cubrir un orzamento con certas garantias na competición  en cuestión. Con moi bo criterio a directiva implica os socios nunha decisión tan importante para os amarelos, eles son os donos do club e eles terán que decidir o vindeiro sábado día 29 de xuño as 13 horas en Exposalnés onde terá lugar a Asemblea  tan importante para o basquet cambadés, pontevedres e galego, pois o Xuven e o unico equipo da nosa comunidade que pode representar o noso pais na liga estatal.  Previamente a asemblea os socios estarán perfectamente informados dos números (cartos) dos que disporá o día en cuestión o Xuven para sair o non en LEB prata.Esperemos que o que decidan os socios sexa polo ben do Xuven,  e o remate coa decisión que sexa,  vaian todos a tomar unhas sardiñas e unha tapa de polvo a Pazo de Torrado en beneficio da base do Cambados.
III CAMPUS DO XUVEN
O Campus Xuven inclúe:
Parte A: Multideporte durante todo mes de xullo para enos de 5 a 16 anos.
Parte B: Taller deportivo para nenos de 5 a 8 anos durante xullo e agosto de 9 a 14 horas de luns a venres.(Prazas limitadas). As actividades paranse no complexo polideportivo de O Pombal.
Para os interesados podedes anotarvos no Pombal recheando unha folla de inscripción ou enviando un correo a campusxuven@hotmail.com cos seguintes datos: nome, data de nacemento, dirección e número de contacto e para que modalidade vad
esvos anotar.

Ningún comentario: