4 de xul. de 2013

GRAN RETO RUNING “POR DEREITO” 2013

ESTE ANO NA ILLA DE AROUSA.
O vindeiro 6 de xullo dende as 12.00 ate ás 12.00 horas do 7 de xullo, terá lugar o Gran Reto Running “Por Dereito” 2013. 
O evento contará co ultrafondista de fama mundial Demetrio Alvarez, que tamén participou nas outras duas ediccións. A cuota de inscripción é de 5 euros, con ela, aparte de colaborar con “Por Dereito”, accedes a unha camiseta, bebidas e premios. 
Podes participar correndo, paseando en bici, en dorna…, coa tua familia, co teu can, ou como che pete. Podes participar o tempo que queiras ou o que o teu corpo aguante. Para inscribirse podes facelo antes de proba ou durante a mesma no posto de Socorrista da Praia do Bao. O evento colabora tamén co Banco de Alimentos o que podes donar preferentemente leite, alimentos infantís e/ou fabas. O longo das 24 horas rifaranse complementos e productos deportivos, un bono para o club termal Hisperia La Toja etc. 
Colobora tamén no evento o Refuxio de animais de Cambados e multitude de casas comerciais, así como o concello da Illa e por suposto non pode faltar no evento a música de Conexión Dance. Participa económicamente ainda que non vaias.


Ningún comentario: