28 de xul. de 2013

O CAMBADÉS ALFONSO CORDAL RODRIGUEZ VEN DE PUBLICAR O SEU SEGUNDO LIBRO

“NUNCA MAS”.
ALFONSO É UN EXEMPLO DE SUPERACIÓN PARA TODOS NOS.
Alfonso Cordal Rodriguez, nace en Triana-Fefiñans Cambados o 13 de xullo de 1977, a partires de 1986 como conta non seu libro cambialle a súa vida: 
Portada do libro
“O momento de publicar esta novela curta cobra unha especial importancia para min, porque desde 1986 apareceron primeiro e acrecentáronse despois unha serie de problemillas que noto especialmente desde a primeira noite correspondente á Festa do Viño Albariño celebrada en agosto do 2005 (aínda que non por min). Os dedos, as mans, os brazos, as pernas, a fala, os movementos oculares e o mecanismo de deglución, entre outros, caracterízanse por provocar a descoordinación e movementos do corpo un tanto estraños, así como un trastorno caracterizado pola disminución da capacidade de coordinar o meu organismo, unha coordinación defectuosa do movemento muscular e do sistema nervioso. Todos os días enfróntome ao vértigo
producido polos movementos da miña cabeza, a sensación de inestabilidade ou desequilibrio, unha sensación anormal de movemento (vértigo), a dificultade para enfocar os ollos debido aos seus propios movementos, o mareo, a perda do equilibrio, así como un zumbido ou outros ruídos nos oídos."
Alfonso dinos  ademais que  “Foron os meus pais quen se encargaron de aconsellarme para continuar o meu futuro, mais alentarme a seguir unha loita constante pola existencia. Afortunadamente, o meu eu nunca me abandonou, e nos catorce anos seguintes, nos cales tiña que intercambiar a miña residencia entre Cambados, Vigo e Valencia, conseguín sempre saír adiante, con maior ou menor dificultade. Xa aos vinte e oito anos,
Casa natal de Alfonso.
unha nova crise de saúde, privoume de continuar a mesma vida que levaba. Unha forza existente no meu interior, pediume que fose eu quen se encargase de tomar a substitución, para tirar polas rendas, apoiándome na axuda que sempre me facilitou, a sanidade pública.” 

Unha historia desgarradora a par que bonita e interesante,  digna de ler , Alfonso agradece no libro a axuda de Udonge, Maribel Iglesias, Jose Luís Iglesias e Juan Carlos Garcia Quintana, ademais de os seus pais e á sanidade pública 
Podes mercar o libro en www.lulu.com. Este martes Alfonso terá xa no seu poder seis libros impresos. Podes contactar con Alfonso no seu facebook: https://www.facebook.com/alfonsocordalrodriguez



1 comentario:

Alfonso dixo...

Publisher: CreateSpace Independent Publishing Platform (July 17, 2013)
Language: Spanish
ISBN-10: 1491003057
ISBN-13: 978-1491003053
Product Dimensions: 9 x 6 x 0.4 inches

“Nunca más”, xa a venda en:
Amazón U.S.A.
Amazón Alemania
Amazón UK
Amazón Francia
Amazón España
Amazón Italia