POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Supoño que vos acontecerá a moitos de vos, que coma eu, estades lonxe da vosa terra, do voso pobo e, en definitiva, do lugar onde mais tempo desenvolvestes o voso ciclo vital pero, dende logo, no meu caso en particular, sempre experimento un pracer infinito cada vez que vou o meu amado Cambados.
Ver aos meus familiares, amigos e coñecidos, sentir o que se palpa nas rúas e ver que cambios se produciron na vila dende a miña derradeira visita, pois, é algo que me gusta gozar enormemente.
Iso foi o que me pasou o derradeiro fin de semana cando me puiden achegar, o que para min é o mellor pobo do mundo, ademais pasoume unha cousa que me levou a reflexionar e cavilar e é o que quería compartir con vos.
................... aínda que, pensándoo ben despois de levar mais de un ano asomándome a este blog coido que xa teño a suficiente confianza con vos, para falar sen eufemismos: o meu rito consiste, basicamente, (e que me perdoen as señoras) en “cajarme” unha ducia de veces na nai e tamén no pai (non vaia a ser que me tachen de machista e misoxino) de quen tivo, no seu dia, a “brillante” idea de dedicarlle a estatua a tan inmerecido personaxe, esta afirmación pode resultar pouco apropiada, pero pensada friamente e se temos en conta o que no seu momento dixo o excelentísimo sr. Alcalde de que a idea partiu dun “sector do viño” bastante abstracto, espero que ningún cabaleiro nin a súa respectable proxenitora se sinta aludidos e se, aínda así alguén se sente molesto, que mo fagan saber que por cada razón que me dean para manifestar dita molestiapola miña afirmación, estou disposto eu a darlle dous motivos para rexeitar que no meu querido pobo poda ter cabida unha estatua dedicada a un personaxe tan desprezable como foi Fraga Iribarne.
Do mesmo xeito cando saltou a noticia polo presunto cobro de comisións por parte do actual delegado da Xunta en Pontevedra, que investigaba un xulgado de Melide, o suposto alcalde de Cambados negouse a abrir unha comisión de investigación como reclamaba a oposición, alegando que xa estaba todo claro no expediente da obra correspondente, como se aí fosen a figurar os presuntos cobros de comisións, sinceramente, queridos amigos ¿isto non é rirse de todo un pobo?
Persoalmente, a min estes feitos fai tempo que me demostraron que Cambados esta gobernado por unha especie deJose Luís Moreno e a súa marioneta Macario, con todos os meus respectos para o coñecido ventrílocuo (e o seu moneco)
Despois de cavilar todo o que os veño de contar, pensei se realmente non tería sido mais lóxico que a estatua de Fraga tivese o brazo alzado dedicándonos un corte de mangas como foi a miña impresión inicial, ao fin é ao cabo e o que adoitan facer os dous alcaldes de Cambados ( o suposto e o de “facto”) de forma virtual.
RICARDO DOMINGUEZ REY
Ningún comentario:
Publicar un comentario