O feito de que tras o anterior anuncio os hacktivistas publicaran a contabilidade oficial do PP e que agora mencionen a axentes de aduanas -o corpo que rexistrou a casa de Marcial Dorado- dálle credibilidade ao anuncio.
Varios vídeos difundidos na Rede coas imaxes do grupo hacktivista "Anonymous" anuncian a próxima publicación de documentos que probarían a relación do finiciamento do PP con narcotraficantes e tráfico de influencias de xuíces, policías e axentes de aduanas.
A ameaza non tería maior credibilidade de non ser polos precedentes deste verán. En xullo Anonymous anunciou a "Anonymous secret files Op Partido Popular" e varios días despois foi publicada a contabilidade oficial dos conservadores entre 1990 e 2011.
Como explicou GC, eses documentos permitiron coñecer que o PPdeG díxolle ao Tribunal de Cuentas que non sabía quen lle doara 231.400 €. Era 2007, xa baixo o mandato de Alberto Nuñez Feijóo, cando no partido ingresaron máis de 231.000
euros, cartos que aseguraron non poder devolver porque eran "ingresos dos que ignora a súa orixe e identidade".
euros, cartos que aseguraron non poder devolver porque eran "ingresos dos que ignora a súa orixe e identidade".
Ademais deste recoñecemento na contabilidade oficial, cómpre lembrar que a suposta 'caixa B' de Bárcenas sinala a varias constructoras como financiadoras ilegais do PP a través do PPdeG.
O anuncio de Anonymous ten aínda máis credibilidade polo feito de que o PP denunciou ao grupo -cuxa militancia é descoñecida- polo hackeo das súas contas. É dicir, o propio partido político engadiu veracidade aos documentos subidos a
servidores anónimos ao presentar unha denuncia polo hackeo diante da Guardia Civil.
servidores anónimos ao presentar unha denuncia polo hackeo diante da Guardia Civil.
Está por ver se agora "en breve" se a "Anonymous secret files parte 2 Op Partido Popular" ten algo de substancia. Con todo, hai un detalle moi interesante non anuncio. O feito de que se mencione a axentes de aduanas -canda xuíces e policías- como presuntos participantes na "prevaricación" artellada supostamente dende o PPdeG.
Cómpre ter en conta que as fotos do presidente da Xunta co narcotraficante Alberto Nuñez
Feijóo foron remitidas á Xustiza (en concreto ao xuíz Vázquez Taín) tras un rexistro da vivenda realizado por funcionarios de Vigilancia Aduanera.
Feijóo foron remitidas á Xustiza (en concreto ao xuíz Vázquez Taín) tras un rexistro da vivenda realizado por funcionarios de Vigilancia Aduanera.
Anonymous é un fenómeno global que loita pola transparencia informativa, contra a corrupción e o abuso de poder. Numerosos hackers sumáronse a esta etiqueta, publicando os documentos aos que gañan acceso baixo a xa famosa imaxe do protagonista de V de Vendetta.
Velaquí un dos videos publicados:
NOVA RECOLLIDA DE GALICIA CONFIDENCIAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario