20 de ago. de 2013

CARTA ABERTA A LAURA PORTAS, FUTURA ESTRELA PERIODISTICA E ACTUAL AXITADORA MEDIATICA

 POR RICARDO DOMINGUEZ REY.
Apreciada aínda que descoñecida Laura: 
 
    Ante todo debo de dicirte que non teño o pracer de coñecerte persoalmente aínda que si ós teus pais, quizais, por unha maior proximidade xeracional a eles, e pódoche dicir que sempre merecéronme o maior dos respectos, respecto que intentarei manter contigo pero a raíz dos lamentables feitos de fai  algo mais dunha semana sobre unhas supostas ameazas ó líder das xuventudes socialistas pola túa parte e todo no que derivou posteriormente, non podo, cando menos darche a miña opinión sobre este asunto.
      Eu non che vou criticar pola túa suposta parcialidade que che leva a militar  nun partido político algo pouco recomendable, segundo  todos os manuais ao uso,  para alguén que aspira a facerse un sitio no mundo do xornalismo; parcialidade que te leva a  afirmar, sen ningún tipo de rubor,  que Núñez Feijoo paréceche o mellor presidente que tivo Galiza, cousa que, obviamente, non comparto contigo (aínda que o respecto). 
   
  Eu non che vou criticar por dicir “asco de gente que hay en este pueblo;, un pobo fórmano, entre outras cousas,  as súas xentes, boas e malas, a min hai moita xente de Cambados que non me cae ben senón  todo o contrario, comezando polo propio alcalde, o cal, a pesar da súa incompetencia, das súas mentiras e da súa covardía, nunca diría que me da asco é mais,    ¡ata lle acabas collendo agarimo!. Persoalmente, pra min, Cambados é o mellor pobo do mundo  e mais agora, que xa levo  tempo vivindo fora (quizais por aquilo de que “non valoras unha cousa ata que che falta) e lamento non poder estar tanto tempo como quixese, e, dende logo, repítoche, nunca definiría de “asco de xente” ós meus paisanos.
      Eu non che vou a criticar por colgar unha foto en Twiter na que te amosabas, aparentemente tranquila, cando, case a mesma hora, os teus pais ían a casa do administrador de este blog para pedirlle que retirase o teu nome e as fotos na que saes presentando a gala do albariño, porque, como lle comentaban, estabas nerviosa polo cáriz que estaban tomando as cousas.    
     
Fai uns días, querida Laura,  atopábame eu facendo unhas compras no  supermercado Coviran de Sanxenxo do meu amigo Juan Jose (supermercado,si,  pero cun trato humano e próximo, propio desas tendas de barrio de toda a vida  das que, por desgraza, cada vez quedan menos), cando me dixo o meu amigo (lector habitual deste blog): “vaia lio tedes montado en Cambados coa rapaza esa que ameazou ao rapaz socialista e logo dixo o de asco de xente”; eu, nese intre non lle din moita importancia ó comentario pero cando viña no coche púxeme a meditar en que sorte temos os cambadeses ao dispoñer   dunha variedade  tan ampla de blogs o que facilita, sen lugar a dubidas, unha riqueza de opinións e de debates; blogs coma este,  “Cores de Cambados”, “Dos vueltas de tuerca” ou o mais recen “Alzalavozcambados” (por non esquecernos do blog decano cambades “Cambadostk” do noso amigo Óscar) contribúen, firmemente a fortalecer un dos maiores valores de toda democracia: a liberdade de expresión; aínda que tamén, ultimamente, algún blog  “oficialista” parece ser que descubriu que a mellor maneira de promocionarse  é intentar desmentir  ò
resto dos blogs (aínda que so quede en iso, nun intento).  
      Houbo un tempo, querida Laura, no que expresar o que un pensaba, libremente, neste pais era un sono,  unha quimera; había unha cousa (que a ti te soara a prehistoria) chamada censura e a frase: “a ver lo que vas contando no vaya a ser que haya que pararte” estaba á orde do dia; por iso, cando te falan de que emprega esas expresións , hoxe en dia, unha rapaza tan nova e, sobre todo, unha estudante de periodismo  non podes, cando menos lembrarte de aqueles tempos tan escuros e pórseche os pelos como escarpias 
      Seguro que cando comezaches os estudios de ciencias da información, querida Laura, escoitaches o que escoitan todos os estudantes de esa carreira: que si é unha facultade  que so xeran parados, que si a irrupción fai uns anos de internet e as redes sociais fixeron agravar unha baixada  do seguimento  dos medios de comunicación tradicionais, situación que se
complicou mais aínda coa actual crise económica e un longo etc.; eu sei, querida interlocutora, que ti non terás problemas, cando remates a carreira; unha estudante de periodismo que convence a todo un “señor” alcalde como  Luís  Aragunde, demostra dúas cousas: por un lado un magnetismo e a unha capacidade de persuasión, que de seguro abriranche moitas portas no mundo laboral, unha vez licenciada e, de outro lado, lévanos a pensar en mans de quen está o concello de Cambados: o ano pasado presentouse alguén e suxeriulle ó alcalde (segundo a súa versión) a posibilidade de levantarlle unha estatua a un ministro franquista e el saíu, entusiasta, a buscar unha subvención;  este ano, presentase unha “don nadie” no mundo do xornalismo, dille que quere presentar a gala do albariño e o noso “ilustre” alcalde non se para a pensar nin nos pros nin nos contras de tan precipitada  decisión; dende logo non se pode ser mais catavento. 

   
Un inciso, querida Laura, só espero que cando sexas unha periodista de éxito, non  te vendas  unicamente por un prato de comida, valórate mais e que conste que o do prato de comida non o digo eu senón que o dixeches ti....... que, claro, que como fixeches a gala gratuitamente,  sen cobrar nada pois por iso invitáronche ó xantar do albariño ....
      Querida Laura, estas estudando unha das carreiras mais bonitas que existe, a de “contador de cousas” como adoitaba dicir Xosé María García (un dos grandes periodistas deportivos españois),  unha carreira na que  o titulo universitario non garante que chegues a ser un gran comunicador e, viceversa, hai grandes comunicadores que nin sequera chegaron a comezar ou rematar a carreira; seguro que ti es unha estudante brillante, matriculas de honra incluídas, agora so cabe esperar que as túas  filias e fobias non interfiran na túa percepción da realidade e na forma de contalo. 

    Por certo, querida Laura, ¿que vos pasa ultimamente ós membros de “Nuevas Generaciones” del PP que dun tempo a este non parades de estar permanente  na picota?: fai uns meses, unha rapaza da vosa asociación de Vigo, dixo a solemne parvada de que esperaba que algún dia se descubrise a cura da homosexualidade ( haberá alguén que lle explicara a esta estúpida que so se pode curar o que é unha enfermidade); a semana pasada observabamos como un grupo de membros de “Nuevas Generaciones” se burlaban dun pobre ancián que perdera todos os seus aforros no tema das preferentes, hai un par de días saían varios membros portando símbolos da extrema dereita e facendo o saúdo fascista e, os últimos,  en subirse ó carro destes despropósitos son os de “Nuevas Generaciones de Bollullos (Huelva) que nun Twitter lamentaban a morte de Franco.................. sinceramente ¿esta é a rama xuvenil do primeiro partido do estado? medo me da pensar como serán cando medren un pouco mais.     
     
Despídome de ti, Laura, co compromiso pola miña parte de que seguirei a túa mais que probable exitosa traxectoria e deixa que che dea un humilde consello: levanta o telefono, chama a Ismael Agra e dille simplemente: “lo siento mucho, me he equivocado, no volverá a suceder”  si o dixo no seu dia o Rei de España, tampouco será problema para unha futura raíña da comunicación.   
     

 UN SAUDO 
                                RICARDO DOMINGUEZ REY        
       

Ningún comentario: