20 de ago. de 2013

DAVID R. VALEIRAS NO RIF ROCK DE CAMBADOS

O VINDEIRO VENRES AS 23,30 H.
O vindeiro  venres 23 de Agosto estará en directo ó ourensán DAVID R. VALEIRAS, que ven por suposto da man de Comomepos Produccións. Chegado dende Ourense, David R. Valeiras ven coas súas dúas únicas armas: a súa guitarra e o seu kazoo (isto último está por
ver...). De verborrea incontrolable e serio aspecto, mostrará as súas múltiples caras a través do seu repertorio. E é que este fillo bastardo de Javier Krahe non se anda con rodeos"(son verbas do propio Rif Rock).
Retorcido, incisivo e divertido. Se estiveches no seu concerto do ano pasado seguro que repetides, e senón, non volo perdades!!
E por se fora pouco, ó remate do concerto, o produtor Comomepos, tomará os mandos da cabina do Rif-Rock unha vez máis para ofrecernos unha das súas sesións ata o final da noite. Non se pode pedir máis para un venres!!
Lembrade, será o próximo Venres 23 de agosto, coma sempre dende as 23:30h. e con entrada libre.
E o Sábado 24 o debut de CHIEF BROMDEN na cabina do Rif-Rock, como convidado de luxo dunha nova entrega da serie "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"

Ningún comentario: