6 de ago. de 2013

RESUMO DO ALBARIÑO 2013

Non é nada doado resumir seis días de festa do Albariño, porque cada ún fariao  a súa maneira,  pero imos tratar de facelo, vos se queredes xa poñeredes os vosos comentarios, tanto en facebook como onde queirades e iremolos engadindo.
MARTES:
Quencemento e adestramento para entro en calor “Na de Lupe” (Rúa Isabel II), non estivo mal para ir quencendo motores, houbo marchiña ata as 4 da mañán.
MÉRCORES: 
Fallou a inauguración anunciada polas redes sociais, é o que teñen estes novas tencnoloxias, que moita xente dixo que iria e o final  non hou “quorum”. Ben,  pese a abrir os postos o día foi moi floxiño, quizais a noite animouse un pouco mais polo concerto de Roi Casal, pero  dos mércores que lembramos do Albariño, un dos mais froxos.
XOVES: 
Xa parece que se empezou a animar un pouco a cousa, durante o día escaso ambiente, a noite empezouse a animar un pouco polo rollo da gala. Ailén Araújo Valente e Andrea Fernández Toledano foron as raíñas do Albariño da festa deste ano. A primeira, de sete anos e veciña de San Tomé , na modalidade infantil e a segunda, de 17 anos e veciña de Corvillón, na xuvenil. Foron elixidas de entre once aspirantes durante a gala que se celebrou este día na praza de Fefiñáns (Cambados), acto que serviu tamén para que o Concello entregase as Follas de prata con albariña de ouro, uns galardóns anuais que premian a entidades e persoas en varios ámbitos. Nesta ocasión os premios recaeron no servizo de urxencias 112-Galicia, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (premio totalmente politico), a Federación Galega de Balonmán, a empresa depuradora Joaquín Fariña, de Cambados, e Radio Si Radio, estes dous ultimos a noso crit
erio merecedisimos. Despois da gala recolleuse moita xente os petos están algo valdeiros e habia que aforrar para o sábado.Xironsa deixose ver pola festa e moito coa súa animación e coas suas gaitas.
VENRES: 
Xa se empezaba a ver mais animación, e xa a partir da tarde noite o ambiente empezouse a notar nos postos e concerto  na Praza de Fefiñans, onde un entendido nos dixo que esta ben que se promocionen grupos pero o son deixaba moito que desexar. O xantar privado na Moleira polo que queda de peña, estivo fenomenal, eramos 53 persoas.  
SÁBADO:  
Unha invasión, unha verdadeira invasión de xente como facia tempo que non se via en Cambados, foi un dos sábados que mais xente se pudo ver en Cambados nun día do Albariño, os coches tiveron que ir a aparcar a casa de collona, os postos non se podia andar, prazas ateigadas de xente, o parque abarrotado, en fin un día para estar na rúa Isabel II, na de Lupe, estabase un pouco mais tranquilo, o concerto de Julita Benegas o mesmo entendido dixnos que estivo ben e foi no que mais xente houbo. Moitos pero moitos "cagallóns", houbo incluso que indo de Cambados para Rianxo subeuse a unha batea. 
DOMINGO:
Dia de relax en principio, dia mais ben politico, onde o pobo participa moi pouco nos actos institucionais, abucheos as autoridades coma sempre, nomeamento de cabaleiros ,donas, albariñense de honra e xovenes albariñense afectos o rexime a mairia, discurso lacrimoxeno de Feijoo misturando viño con accidente ferroviario, aplausos os gaiteros do desfile e   pregón novamente só para os que van a comida, debe ser a única festa do mundo en que o pregón é so para uns escollidos.
Logo,  nos premios donde houbo moito coñecidos entre os galardonados que xa vichedes na prensa algremonos moito polos cambadeses Cayetano Otero, Pati Presas, Carrion etc, xente xoven que
triunfa e de Cambados. Pero a verdadeira festa estivo nas Prazas Algredo Brañas e Praza das Rodas aquí sobre todo a festa durou mais de seis horas , xa se está a converter nun clásico está festa. 
O mellor foi o broche de ouro que puxo a Banda de Música de Castrelo nun concerto inigualebal, cun son espectacular e cunha praza de Fefiñans abarrotada. E como di “Chourizo Films” no se u facebook, merda moita merda que o concello tardou moito en limpar.
Imaxinome que estades saturados de tanta foto de Albariño pero nos colgamos unhas cuantas na columna da dereita.

Ningún comentario: