5 de ago. de 2013

TRES ANÉCDOTAS DO ALBARIÑO

- UN INDIVIDUO FAI UN “DESNUDO” INTEGRAL NA PRAZA DAS RODAS.
- XIRONSA FAI MILAGROS E UNE VONTADES POLITICAS.
- MANUELA, NOMINADA RAIÑA DAS FESTAS DA RÚA ISABEL II.
Dun tempo a esta parte a Praza das Rodas estase a converter nun referente festeiro os domingos do Albariño cun abarrote total da mesma  e cunha duración de seis horas aproximadamente. Os efluvios do alcohol fan verdadeiras “briguerias”, e a fonte que existe no medio de praza é unha especie de pasarela donde mozos e mozas dan renda solta os seus instintos, e un deles onte realizou un “desnudo integral” coa praza totalmente abarrotada e con presencia de xente de todalas idades incluidos neno, o máis simpático do asunto e que un “alto cargo” do Concello de Cambados, axudoulle a quitar o calzoncillo nunha imaxe que non inmortalizaron as nosas cámaras, pero seguro que así o fixo algunha delas que estaban ali. 
XIRONSA FAI MILAGROS E UNE VONTADES POLITICAS.
Unha das cousas que máis diferencia ao pobo de Cambados, son as rivalidades políticas, que a veces “enconanse” de tal xeito que chega ao enfrontamento persoal. A Asociaciòn Cultural Xironsa de Corvillón e unha das poucas “zonas” da nosa vila onde ese problema non existe porque é obrigatoria deixalo nas portas da Asociación, como se di ali a política é para outras instancias , ali o que facemos é pasalo ben, e polo tanto os que pertenecemos a Xironsa non nos resulta extrano a imaxe que podes ver a esquerda onde dous nacionalistas convencidos tocan a mesma peza con popular tamén convencido e non pasaba aboslutamente, polo que dixemos antes, cada cousa ten o seu tempo. 
Por certo gustariamos que vos animarades e que o 31 de Agosto como está anunciado principio desta páxina, compartires con Xironsa un día de festa no seu Festival Anual que este ano acada a XI Edición, ali haberá música, xantar campestre , xogos etc, anímate e ven a pasar un dia con Xironsa.
MANUELA, NOMINADA RAIÑA DAS FESTAS DO ALBARIÑO DA RÚA ISABEL II
Os que “poboamos” a céntrica Rúa Cambadesa Isabel II, este ano nun acto espontáneo decidimos nomear a Raiña das Festas do Albariño Isabel II, un toque  festeiro e simpático, despois dunha dura deliberación porque as candidatas eran varias, o xurado declinouse por Manuela Aragunde, que durante tantos anos rexentara o Bar Piñeiro (agora “A de Lupe” durante o Albariño), merecedisima distinción que ela tomouno como tiña que ser, como un acto cariñoso e de recoñcemento dentro da “coña” festiva.
Por certo deixamosvos tamén un video dos Xeitosiños que tamén ultimamente estanse a converter nun referente na festa do Albariño, apoiados por Xaquin Xesteira e outros festeiros que andabamos por ali.

Ningún comentario: