13 de out. de 2013

MARCHA POLO EMPREGO O 16 DE OUTUBRO

CONVOCA A CIG,  A SAÍDA É DENDE A PRAZA DO CONCELLO DE CAMBADOS
A Converxencia Intersindical Galega (CIG),  convoca a toda a poboación do Salnés para que
acudan a “Marcha polo emprego” que vai ter lugar o vindeiro 16 de outubro dende a Praza do Concello de Cambados. A saída será as 9.30 da maña e rematará na Praza de Ravella en Vilagarcía de Arousa, calculan os organizadores a que mesma durará unhas tres horas.
Con esta marcha quérese denunciar o desemprego, a precariedade laboral e a desfeita nos polígonos industrias da comarca, que están quedando desertos. 
Lembrades cando dicía o PP de Cambados por medio do enganabobos de Tourís que se ían crear 1000 postos de traballo no Polígono de Sete Pías, pois ao paso que vemos xuntando os dous, o de Ribadumia e o de Cambados dubidamos que  cheguen os 500 postos de traballo. 
Unha marcha na que debe participar todo o mundo, pero sobre todo os parados que son os mais prexudicados polo incompetente goberno do PP.
FOTOS: GOOGLE IMAXES.


Ningún comentario: