15 de out. de 2013

NOVA "HORA GALEGA" EN BALOCA CAMBADOS

O VINDEIRO VENRES 25 DE OUTUBRO.
O prometido é débeda,  e o Café Bar Baloca Cambados, organiza unha nova Hora Galega,
nova gaiteirada que vai ter lugar o vindeiro vintecinco de outubro a iso das dez da noite, e esperemos que desta vez o tempo acompaña porque animo sóbralle os do Baloca. 
Dende o Baloca anúncianos que haberá empanada tortilla e outros derivados para picar de xeito gratuíto e importantes descontos nas bebidas para os gaiteiros. Ademais desta vez os baloqueiros farán unha gran queimada con aguardente nova.
Os que vaiades asistir  ir confirmando asistencia na propia cafetería ou no grupo de facebook BALOGAITA.
QUE SOE A GAITA EN ALFREDO BRAÑAS.....!!
ESTADES TODOS CONVIDADOS A FACER SOAR A GAITA O VINDEIRO 25!!!!

Ningún comentario: