20 de nov. de 2013

A GUIA DE VIAXES DUN INCOMPETENTE (OU COMO SER UN TURISTA A CONTA DE TODOLOS CAMBADESES)

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Recordo ler   fai anos, non sei onde, que cando Xulio Verne, un dos escritores mais universais de tódolos tempos,  era un neno, quixo coñecer
Aragunde co seu "posible" Jaguar
mundo e, por tanto,  decidiu enrolarse nun barco; para súa desgraza, o seu pai descubriuno cando  xa estaba a piques de iniciar tan arriscada  aventura e, ante a desesperación e os choros  do rapaz pola travesía frustrada, o seu proxenitor espetoulle: “se queres viaxar  usa a túa imaxinación”. O resto da historia coñecédela todos e tivo como resultado a creación de obras tan famosas como: “Da terra a lúa”, “20.000 leguas de viaxe submarino”, “A illa misteriosa” ou “A volta ó mundo en 80 días” entre outras moitas. 
      160 anos mais tarde en Cambados pasou algo parecido pero a inversa: cando Tourís, o entonces alcalde de Cambados,  foi  elixido polo presidente da Xunta para desempeñar o
Aragunde minte mais que fala
cargo de delegado provincial da Xunta, este decidiu que deixaría a un perfecto incompetente ó fronte da alcaldía para que non lle movesen o sillón (como si fixera o propio Tourís con o seu antecesor no cargo) e, por tanto, decantouse por Luís Aragunde.  
      É fácil supoñer que cando Tourís contoulle a Aragunde que simplemente seguiría a ser o seu mozo de recados na alcaldía, este ultimo preguntaríalle: “¿ e eu que fago? e Tourís contestaríalle: “usa o teu cargo para facer o que non te permitiría se foses un cidadán de a pe” ¡e vaia si lle fixo caso! 
      O fin de semana pasado celebrouse  en Marsala (Italia)  a elección da que será Cidade Europea do viño 2014 e a elección ia a decantarse entre Xerez e Cambados.
     
Aragunde de viaxe en Asturias
No noso pobo cando nos enteramos de que Cambados ia intentar competir contra a cidade andaluza por dito nomeamento e a pesar de todas as burradas a que nos ten acostumados  Aragunde, moitos non puidemos, cando menos evitar  sorprendernos...... Cambados é o mellor pobo do mundo e o berce dun dos mellores viños brancos, sen lugar a dubidas;  pero intentar competir con Xerez por ser Cidade do viño, sexamos serios, é como si eu intento competir con Brad Pitt por ver quen liga mais nunha noite ( e encima déixolle empezar a él).  

      Imaxino que cando  Aragunde se lle pasou pola cabeza tan disparatada idea, reuniríase co
Aragunde en Baena
seu xefe de prensa, asesores, o “tipo dos fulares” etc. e comentouno; quero pensar que, entonces,  alguén con un mínimo de sentido común, comentaríalle as escasas posibilidades de gañar e, coñecendo ó personaxe en cuestión, non é difícil deducir o que pensou e, incluso, diría en voz alta: “Total, ¿que hai que perder? Polo menos facemos turismo e non sae dos nosos petos”. 
      O resto xa o coñecedes todos, como era de esperar a elixida foi Xerez o que non supuxo, en absoluto,  ningunha tristeza para Aragunde a tenor do que se veu nas fotos amosadas polo blog “Alzalavozcambados.com”; por certo as miñas mais sinceras felicitacións para o seu administrador Marcos Serén Portas pola exclusiva (que tomen nota os medios de comunicación tradicionais).
Aragunde cantando en Italia
      Si este alcalde tivese un mínimo de decencia debería dar  explicacións,  verdadeiras  explicacións, e non a pantomima de roda de prensa que fixo este mércores, onde dixo (iso si, sen aportar as facturas do hotel nin os billetes de avión) que a viaxe so custou  1.700 euros, en definitiva outra mentira mais de Luisiño. Tamén non deixa de ser ridícula a explicación que dou para xustificar que fora o concelleiro de urbanismo..... segundo Aragunde “por tratarse dunha persoa do meu equipo e da miña confianza que ademais está vinculado ao mundo do viño”; vamos a ver, Aragunde, non nos queiras facer parvos..... da túa confianza, seguro   que  é a túa muller ¿por que non a levaches tamén? E  ninguén dubida dos coñecementos que ten Euloxio Pomares do mundo
Aragunde  en Italia
do viño, non así do que cobran os xubilados  (este concelleiro foi o que dixo a soberana parvada, nun pleno, de que había xubilados que gañaban anualmente 150.000 euros) pero non deixa de chamar poderosamente a atención que vaia un concelleiro  que na súa actividade privada rexenta unha bodega. 
      En canto á explicación  de que fora tamén o secretario municipal para facerlle de tradutor do italiano, ¿que queredes que vos diga? Si hai un idioma, fora do estado español, que non necesita tradutor, seguramente, ese  sexa o italiano, pero, esa explicación sigue a liña de tomadura de pelo de toda a roda de prensa  e para mostra unha frase que tamén dixo Aragunde : “somos sensatos á hora de xestionar fondos públicos”; sinceramente so podo dicir (e que me perdoen a señoras que poidan a estar a ler isto): “Tes uns collons que chos pisas, Luís”.
     
 
Aragunde en Alemania
    Sen embargo, si botamos a vista atrás veremos que a afección de Aragunde a utilizar o concello como a súa axencia de viaxes particular  non é algo de agora, senón que se comeza a converter en algo habitual. 
      Non fai moito, viaxou a Alemaña, presuntamente para estreitar lazos coa comunidade emigrante que alí se atopa,  e seguramente para avisar de que mandariamos mais emigrantes para esas terras dada a política en materia laboral  do seu admirado Mariano Rajoy que non deixan de crear parados. 
 
Aragunde en Fitur
    En  xaneiro o noso alcalde plantouse en Madrid, en FITUR,  a feira do turismo, tamén, presuntamente, para promocionar o turismo da nosa zona. Non sei que pesaredes vos, queridos amigos, pero eu son un turista vasco, catalán ou andaluz e vexo como representante  turístico dun lugar a Aragunde e non piso ese sitio nin aínda que me leven drogado e amarrado.  
      A derradeira viaxe do noso “Willy Fogg” particular antes do deste pasado fin de semana a
Amigos de Aragunde en Baena
Italia, foi o do controvertido irmanamento con Baena, cuns presuntos gastos, estimados, como se informou no seu dia e neste mesmo blog, superiores ós 6.000 euros; estimados porque, como en esta ocasión, o goberno municipal non aportou factura nin aclaración algunha.
      Non sei que pensaredes vos, queridos amigos, pero a min esta errada candidatura a Cidade Europea do Viño, lémbrame moito, salvando as enormes distancias, á candidatura  olímpica de Madrid 2020 e amosan, ás claras en que consisten  a política de “pantalla” e aparencias  do PP ala  onde goberna, da igual que sexa unha vila mariñeira de 14.500  habitantes  que unha cidade de mais de 3 millóns de persoas. 
      Madrid ten unha débeda de mais de 7000 millóns de euros, é dicir, a capital de España, ela soa abarca case o 25 % da débeda total de todos os concellos de España, aínda así non dubidou (a pesar dos dous precedentes anteriores onde fracasou) de presentar novamente a súa candidatura indo para Bos Aires  todo un séquito e aloxándose nos mellores hoteis da capital arxentina i encabezados, como non, por Ana Botella co resultado final dun ridículo monumental (para os anais da historia xa quedou o xa famoso: “relaxing cup of cafe con leche”).
   
      O concello de Cambados cunha débeda de mais de 4 millóns de euros e cun chea de necesidades básicas por cubrir nos eidos de  política social, infraestruturas, asistencia etc. da prioridade a un “capricho” do alcalde, sabedor de que pouco faría fronte a cidade andaluza.......pero como, sen lugar a dubidas, dirá Aragunde:  “que nos quiten lo bailado” . 
      Antes de rematar, tamén quero “felicitar” ó blog cambades e  seu administrador tan próximos o PP local, por intentar todo o dia  xustificar o inxustificable; está claro que cando  o actual xefe de prensa decida deixar o seu cargo, a alcaldía xa sabe onde buscar un lacaio igual de  rastreiro que ocupe o posto coa mesma “dignidade”.  
      Seguiremos atentos para ver cal é a próxima viaxe con que nos sorprende Aragunde pero, sobre todo, que pretextos dará para  xustificala. 
 
                                                   UN SAUDO A TODOS 
      
          RICARDO DOMINGUEZ REY  
          
      
      
      

Ningún comentario: