27 de dec. de 2013

GERMÁN COPPINI E CAMBADOS

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN GALINANES.
Cambados era unha vila marabillosa,a adolescencia
esplosionaba con toda a súa forza hormonal coma un Campus Estelae arousán en pleno medio dia detrás do Pazo de Fefiñans.Había un espazo mais onde a cultura chegaba coma en ningún outro sitio da
comarca e co tempo souben que nin en Compostela había un quiosco como o de Castor no paseo da Calzada inundado de diversas publicacións chegadas do último do Madrid de Tierno Galván,ou do Vigo rebelde do primeiro Reixa e con ganas de facer cousas en todos os campos das artes tentando romper co pasado que asfixiaba
ainda coa forza de corenta anos.Pero na vila de Asorey gobernaba un pequeno grupo que rachara co pasado sendo vangarda do que outros Concellos acabarían imitando anos mais tarde e que os novos xa saboreabamos,, Sen presuposto pero con moito traballo,capacidade e ilusión.Nunha tarde de verán un amigo desgraciadamente
finado,unha tarde de mercado despois dos viños ensinoume dous discos de Siniestro Total cos irmáns Dalton-non os da Depuradora-nunha carátula e noutro un cómico famoso de Holiwood sostendo un vaso de leite:Escoitei por primeira vez os dous vinilos enteiros mentres bailabamos ao estilo Punkarra
Juan, un rapaz
entrañabel
dicíndonos "isto é o que fai falta,pero que letras que guerreiras que guai".Non sabía quen era Germán Coppini pero sí Juan o Chaca,si Jose Pepe,sabiamos quen era D.Antonio o cura e Callitos,cos cáns,Casimiro o eterno coa"miña moza"e Hermitas que de noite tiña licor 43 e de mañá aos funcionarios do Concello que daquela tiveron que ir despois do traballo.Co tempo,pouquiño despois,Germán Coppini irrompeu con
Golpes Bajos e xunto coa melancolía poética dos The Smiths soubemos que nunca nos ía gustar a canción do verán; Augusto Chaves Fariña cardaba o pelo coma Robert Smith dos The Cure,Fernando Arenáz ganaba o cartáz da festa do Albariño cunha vangarda non superada hoxe mentres no Instituto preparábase unha revista "A Santa
Campaña" con intento de secuestro e dous fanzins que deixaron a varios sen paga e sen saír durante un tempo.Impagables,u n familiar meu fixo dicir ao D Antonio na misa dominical"quien ha robado mi despertador matutino del corral" mentres Manolo Paz facía un cadro cos ósos sobrantes do asado nas aulas antigas do pombal a onde iamos ver as novidades.Lino Silva daba leccións de anarquía coa xa
inmensa humanidade e Francisco Leiro impresionaba coas chaquetas xamaicanas mais chillonas posibles,O pub Exprés enchía case todos os días e One Toxo cantáballe ao Maná mentres imbuído por Moises o cantante Tino entraba en "trance" e tentaba separar o whisky da coca-cola e os asistentes berrabamos "OTAN NON IANQUIS FORA”.Pero ese mundo desapareceu sen nos decatar pensando que ía ser eterno cando eterno non hai nada agás as cancións de Germán Coppini.
Un artigo de Xan Galbán

Ningún comentario: