20 de dec. de 2013

LINO SILVA VOLVE A CASA, DEFINITIVAMENTE, POR NADAL

O ARTISTA CAMBADÉS CHEGA HOXE O SEU ESTUDIO.
Dende que un desafortunado accidente levara a un dos
nosos mellore s artistas a Montecelo despois dun politraumatismo en varias partes do seu corpo, principalmente cadeira e nocello,  Lino Silva volve hoxe a cambados despois de acadar a súa alta ambulatoria, e pendente dunha dura e longa rehabilitación. Polo de agora Lino non pode valerse por se mesmo e será necesario a axuda da familia, que a ten toda, e como non dos seus amigos  para que poida
seguir adiante. Recentemente, aínda podemos ver a Lino inaugurando  en Exposalnés unha das súas mellores exposicións , foi inaugurada por el mesmo rodeado de familiares e amigos. Lino hoxe por hoxe e o único artista  bohemio da nosa vila e por suposto un dos mellores artistas de Galicia. Benvido a casa Lino.
FONTE: JUAN SILVA.

Ningún comentario: