27 de dec. de 2013

RELATO DE NADAL “CUANDO HARRY (TOURIS) ENCONTRO A SALLY (ARAGUNDE)”

A HISTORIA DUN AMOR DE CONVENIENCIA E UNHA SUMISION SADOMASOQUISTA 
POR RICARDO DOMINGUEZ REY.
      O Nadal é tempo de bos desexos, de facer balance e
tenrura, polo que hoxe quero contarvos unha bonita historia de amor, un amor de conveniencia que aínda hoxe en dia perdura, así que nos poñemos o cinto e viaxamos no tempo........  
Fecha: mediados de marzo de 2009
Lugar: Despacho do Alcalde  de Cambados
      Tourís, o alcalde de Cambados,  colga o telefono, despois de contestar a unha chamada  que levaba
moito, moitísimo  tempo esperando coa mesma impaciencia coa que os nenos, no Nadal,   esperan a noite de Reis para recibir os seus agasallos. 
      Tourís acababa de falar con Alberto Núñez Feijoo, flamante gañador das eleccións á Xunta de Galicia celebradas o dia 1 de marzo e, por tanto, próximo
presidente da Xunta de Galiza e, na confección do futuro organigrama  que dirixirá, acababa de chamalo para dicirlle que era o elixido para o novo cargo de superdelegado da Xunta na provincia de Pontevedra. “¡Por fin!” - pensaba Tourís-  todo o seu traballo de “peloteo” levado a
cabo dende o mesmo día no que soubo que  Núñez Feijoo fora o elixido como sucesor de Fraga, daba  os seus froitos; esas invitacións á  festa do albariño onde se pegaba ó futuro presidente como unha lapa, todos os actos peperos onde forzaba o encontro para darlle “a paliza” e venderse a si mesmo; todo iso,
finalmente, valeu a pena e agora recollía os seus froitos.........
- “Superdelegado da Xunta na provincia, ¡que ben soa!”-  pensaba Tourís mentres se recostaba no seu sillón,  poñía os pes sobre a mesa e facía un repaso mental a súa traxectoria  dende que entrou na corporación municipal, ala polo ano 1987, o seu ascenso ata tenente alcalde no ano 1995 e, o momento
mais importante, o seu acceso ó posto de alcalde debido á inhabilitación para cargo público do seu antecesor no cargo, Santiago Tirado.  
- “Debería ter un detalle coa Botana de non ser por ela, se cadra hoxe en dia non estaría aquí” – Pensaba Tourís, mentres se recostaba mais no sillón – “Algún dia debería estudarse nas
universidades a miña ascensión meteórica, ata se me ocorre un título para a materia:  Como chegar ás mais altas esferas da política  sen ter puñetera  idea da  ideoloxía do teu partido” -  seguía pensando   mentres botaba unha gargallada.   
      Sen embargo había algo que lle roldaba pola cabeza a Tourís: o cargo de superdelegado supoñía que tiña que renunciar á alcaldía, e iso era algo que lle custaba asumir; obviamente o cargo que lle ofrecía Feijoo era mais
importante, pero, ser o “mandamais” do pobo  e ser quen “cortaba o bacallau” en  Cambados era demasiado tentador para, unha vez que se conseguiu, deixalo marchar. 
      Tourís sentíase como ese home que esta  punto de dar un paso decisivo na súa vida: casarse con unha noiva formal e de boa
posición social pero que se nega a deixar á amante apaixonada e luxuriosa coa que se sinte mais realizado; quere á primeira pero non pode esquecer á segunda. ¿Como ter as dúas? Aínda que sempre quedaba a solución de poñer a un home da súa confianza na alcaldía pero iso  tiña o inconveniente  
de que nunca sabias como che podía saír e  “moverte” o sillón na túa ausencia.....  Tourís coñecía  moito do tema e senón que lle preguntasen a Tirado. 
      Nesas cavilacións estaba o alcalde cando, de súpeto,
entrou Luís Aragunde, o seu servo mais fiel.....
- “Boas Xosé Manuel, mira, que chamaron de Talleres Silvoso que xa teñen o teu  Mondeo lavado e relucente   ¿queres que  eu cho vaia a buscar?”
      Entón a Tourís brilláronlle os ollos, tiña diante de el a solución que estaba buscando
ó  seu problema; Luís  Aragunde era o candidato ideal para substituírlle no posto, fiel e leal como un canciño e manso como un cordeiro, nunca  se atrevería a morder a man que lle da de comer...e moito menos rebelárselle, seria como si el mesmo non se houbese marchado nunca da alcaldía; definitivamente  era a
persoa que necesitaba 
   “Luís séntate, teño algo importante que dicirche” 
      Aragunde tremeu como unha folla: cando Tourís se  dirixía a el con ese tono case sempre era porque tiña que
chamarlle a atención por algo que fixera mal, aínda que nesta ocasión non adiviñaba a que podía deberse.
- “Quería comunicarche que Feijoo ofreceume ser o novo delegado provincial da Xunta, cargo que vou a aceptar e por tanto deixo a alcaldía e tras valorar as opcións posibles pensei en ti como o meu substituto”
      Luís da impresión case cae para atrás, non podía crer o
que estaba a escoitar: ¡alcalde de Cambados !   dábanlle ganas de levantarse  e plantarlle un “morreo” en toda a boca a Tourís, aínda que o final desistiu de tal cousa; non cabía do gozo e soamente atinaba a dicir:
- “Grazas, Xosé, grazas, non che vou a defraudar, ocorréseme ideas moi interesantes para o concello, para empezar  ........” 
Nese intre Tourís interrompeuno:
- “Tranquilo non te embales que isto non vai así, para empezar, eu seguirei levando o control de todo, empezando polas obras, eu voume pero non quero que cambie un ápice da forma  en que o teño todo  montado, ¿algunha obxección?”
      Aragunde deuse conta de que o que lle propoñía Tourís
era, sinxelamente, ser un home de palla, dar a cara e seguir a folla de ruta que lle marcaba de antemán, aínda así a proposta era interesante e, ademais, ¿quen se daría  conta de que en realidade seguía a gobernar Tourís?..... o cal  seguía falando:
- “Ante calquera dúbida que te poida xurdir, consultarasme e manterás o persoal que eu tiña, farache falta, sobre todo o xefe de prensa dada a túa, como dicilo, falta de desenvolvemento ante os medios”. 
      Aragunde estaba tan absorto que non lle dou importancia a pulla que lle acababa de botar Tourís, xa se vía encabezando as procesións, co bastón de alcalde na man ou recibindo ás distintas personalidades  invitadas á Festa do Albariño..... “teño que mercar mais traxes”  - pensaba cando Tourís fíxose unha pregunta á que respondeu de inmediato:      
- “¿Queres pensalo con mais tempo e xa me darás un resposta?” 
- “¡En absoluto, Xosé, non necesito pensalo, son o teu home!”
   Tourís riuse para os seus adentros, fora mais doado do que pensara, agora xa podía marchar tranquilo, deixábao todo “atado e ben atado”  e para rematar  díxolle a Aragunde: 
- Sabia que podía confiar en ti pero agora  vaite buscarme o coche   a  de Silvoso que debe estar a punto de pechar. 
        E Aragunde desapareceu pola porta cal eficiente “aparca coches”. 
      Si este relato fose unha película cinematográfica, agora seria o momento en que tras o “The End” sairía a recorrente mensaxe  “esta película é pura ficción calquera parecido coa realidade é pura coincidencia” lamentablemente a realidade empéñase en levarnos a contraria e feitos como a investigación dun xulgado de Arzuá por un presunto cobro de comisións ilegais no que se veu inmerso Tourís ou o caso do “Pinal da Maza” amósanos  quen goberna en Cambados e quen segue a ser o chico dos recados     
      Soamente quédame desexarvos a todos unhas felices festas e un prospero ano 2014, unha forte aperta a tod@s. 
      
                    RICARDO DOMINGUEZ REY
     

1 comentario:

Unknown dixo...

Ten coidado co que andas a poñer non vaia ser que un dia atopeste sin blog,avisado quedas chonito.
Perdon chochito de oro.