25 de xan. de 2014

TOURIS E LUIS ARAGUNDE LEVAN ANOS SEN ENTERARSE QUE HAI VERQUIDOS NO RIO PEQUEÑO EN OUBIÑA

PERO ESTÁ O BNG PARA LEMBRARLLO
O BNG TAMÉN ANUNCIA CONCENTRACIÓNS CONTRA O COPAGO EN VILAGARCIA
Parece mentira que  o Caudillo de Oubiña o ínclito Touris e
Luis I “El Querellado” leven anos sin enterarse que hai verquidos no Rio Pequeno en Oubiña , pero aí está o BNG para lembrarllo.  Onte, veciños e veciñas de Oubiña, volvían a alertar dun novo vertido industrial (o cheiro a peixe delataba claramente a orixe do vertido) no Río
Pequeno. Despois de anos repetíndose esta situación, semella que a contaminación e a destrución ecolóxica deste río resulta irremediable, sendo a causa, sen dúbida, a lamentable planificación e xestión do Polígono Industrial de Sete Pías realizada polos gobernos municipais do PP de Cambados. As falsas promesas de que a entrada
en funcionamento da EDAR de Ribadumia solucionarían os problemas de vertidos ao Río Pequeno poñen e evidencia, unha vez máis, o pouco valor e realismo que teñen as promesas do PP. A día de hoxe as cousas nada cambiaron desde que comezou esta problemática coa entrada en funcionamento do polígono industrial, e vai
sendo hora para que desde o concello se tomen medidas que eviten, definitivamente, que se siga utilizando este río coma un sumidoiro da rede de saneamento do noso concello. Ademais, resulta contraditorio e incoherente que os dirixentes comarcais do PP se dediquen a publicitar nos medios de comunicación o estado saneado do Río Umia, mentres lles da absolutamente igual a contaminación  que ata el leva un
dos seus afluentes, polo que lle piden o ínutil de Aragunde  que responda á seguinte pregunta; como pensa o concello de Cambados rematar de xeito definitivo coa repetición de vertidos contaminantes no Río Pequeno?
Imolla a respostar nos: De ningunha maneira, pois probablemente quen virta sexa amigo de Touris e Aragunde e fan que non ven. Xa non é nin a primeira , nin a segunda, nin a terceira vez que hai verquidos neste Rio e o Alcalde en Fitur cobrando dietas.
PARTICIPA NAS CONCENTRACIÓNS CONTRA O COPAGAMENTO DOS MEDICAMENTOS E POR UNHA SANIDADE PÚBLICA E GRATUÍTA
O BNG  apoia as concentracións convocadas conxuntamente por SOS Sanidade Pública e pola Iniciativa
Galega pola Gratuídade da Sanidade contra o copagamento dos medicamentos e por unha sanidade pública e gratuíta. Desde o BNG do Salnés facemos un chamamento a militantes e simpatizantes a participar na concentración convocada na nosa comarca para este luns 27 de xaneiro, ás 20 h., na Praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa.
FOTOS: GOOGLE. 

Ningún comentario: