20 de feb. de 2014

A RUA SEVILLA A GRAN DESCRIMINADA POR LUIS ARAGUNDE

A RUA E OBXECTO DUN ABANDONO TOTAL POR PARTE DO ALCALDE CAMBADÉS.
Os socialistas de Cambados denuncian  o penoso estado no que se encontra o asfalto da Rúa Sevilla.
O estado do asfalto da rúa Sevilla atópase nun estado lamentable desde hai moito tempo. A pesares de ser unha rúa moi transitada tanto no verán como no inverno, nunca desde o Concello se tivo consideración desta rúa para nada: é unha rúa de dirección única sen aceras,con aparcamentos
ós dous lados e con varios negocios. Por determinados tramos desta rúa é imposible pasar se veñen coches e hai algúns aparcados, polo que os veciños estamos acostumados a meternos en recunchos cando levamos carriños de bebé ou da compra e ven algún coche circulando.
Por se eso non fose bastante, o asfalto está cheo de socavóns. Agora hai unha prancha metálica no medio da estrada para tapar un deles e para que non ocasione ruido ten un pedazo de moqueta debaixo.
Somos uns privilexiados porque podemos dicir que a nosa rúa está enmoquetada…
Precisamente ésta é unha das rúas que só se parcha provisionalmente cando hai eleccións á vista, non sabemos se é porque viven nela unha concelleira e un exconcelleiro da oposición, e por iso se castiga a tódolos veciños desta rúa, ou porque aínda falta un ano para as municipais…
Os socialistas gustaríalle  recordarlle ó goberno deste Concello, que todos os veciños, incluso os concelleiros e exconcelleiros da oposición pagamos os nosos impostos tódolos meses e o resto dos veciños non teñen que sufrir represalias por compartir a rúa con ninguén.
A isto hai que engadirlle que a primeira farola desta rúa leva anos sen funcionar, pese a habelo denunciado varias veces. 

Ningún comentario: