19 de feb. de 2014

ATÓPENSE RESTOS HUMANOS NA TORRE DE SAN SADURNIÑO

ASÍ COMO MAIS RESTOS DE CERÁMICA
O día once de febreiro pasado, neste mesmo blog diciamos que un veciño de Santo Tome atopara dous cachos de
cerámica nas inmediacións da Torre de San Sadurniño. Ben, pois o mesmo veciño acaba de atopar o que pode ser
, case con toda probabilidade, un cacho de oso humano así como dous cachos mais de cerámica e outros efectos. Como nos dicía o propio veciño da zona  basta con dar unha pequena volta pola torre, fixarse onde o mar erosionou para atopar o material que
podedes ver nas fotografías. O “noso amigo” tamén atopou  un pedazo de oso que pode ser un anaco de fémur humano, o cal estaba enterrado nas inmediacións da Torre. Evidentemente o noso veciño levou o material  ó Concello de Cambados e entre eles o oso, que a falta de confirmación por especialista case con
toda seguridade podemos dicir que é humano. O veciño comentoulle o arqueólogo municipal que a simple vista vense moitas cousas, diversos estratos de ocupación, moita cerámica e algunhas cousas mais. Segundo lle dixeron no concello ó veciño,  de
momento non poden facer  nada porque non hai un “peso” para esas cousas, o que si lle dixeron que van facer é un muro de protección e nada mais. 
Sinxelamente lamentábel, son uns inútiles as autoridades que temos.






Ningún comentario: