12 de mar. de 2014

A CIG RECOÑECE CO PREMIO 8 DE MARZO Á LOITA DAS MULLERES DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN

E ENTRE ELAS A CAMBADESA FERNANDA LOIS
A loita das mulleres da residencia Valle Inclán, que veñen mobilizándose desde xaneiro de 2013 pola readmisión das
traballadoras despedidas, recibiu o Premio 8 de marzo na súa VIII edición. Canda elas, recibiu unha especial mención a loita de Silvia González Martínez, traballadora de Vigo, pola súa “valentía, esforzo e compromiso”  na defensa dos seus dereitos tras seren despedida de Manel Moda.
A secretaria da Muller, Margarida Corral, foi a encargada de entregar os agasallos e de lembrar a acción sindical desenvolta pola traballadoras da Residencia Valle Inclán na que se encadra entre outras  cambadesa Fernanda Lois,  durante máis de un ano contra unha sociedade na que se desviaron
cartos a contas persoais, creando outras sociedades e comprando coches de alta gama, “cando ao persoal se lle adebedaban 4 mensualidades e non se estaban a cumprir as sentenzas condenatorias dos xulgados do social
de Pontevedra”.
Unha sociedade na que se permitiu, cando tomou posesión o novo director, Enrique Martínez Núñez, en xaneiro de 2013, que este anunciara a súa intención de non asumir ningunha das débedas anteriores e rematar co comité de empresa. “Comezan así a represión e os recortes: discriminación
salarial por ser afiliadas da CIG, non aboando salarios as persoa afiliadas/os ou que participaron en candidaturas das centrais sindicais nas eleccións sindicais, modificación de tarefas e categorías profesionais, destitución de cargos, posteriormente rebaixa das retribucións, reducións
nas bases de cotizacións e o cabo duns meses comezan os despedimentos”, lembrou Corral.
Xunto a estes, a secretaria da Muller da CIG denunciou que se denegaron sistematicamente, por parte da dirección, as reducións de xornada por coidado de menores, tendo que as demandar ao xulgado do social e “impóñense
sancións indiscriminadamente, insultos por parte da dirección para crear división entre o persoal, degradación e descualificación ante as compañeiras.
Salientou ademais que foi a raíz do requirimento da Inspección de Traballo e do Xulgado do Social de Pontevedra de que se puxera a disposición do comité de empresa e do xulgado todo referente ao estado das sociedades e situación das empresas, cando a dirección
despediu ao resto dos membros do comité de empresa “para non ter que entregarlle a documentación”.
Posteriormente, cando intentou a revogación do comité e non o consiguiu despediu tamén a outro grupo, así como as delegadas das seccións sindicais, ascendendo o número de despedimentos, na actualidade, a un total de 39, celebrándose 20 xuízos dos
cales 15 despedimentos foron declarados nulos, recoñecendo a persecución sindical. “O resto están pendentes de sentenza”, matizou.
Neste momento a empresa principal está en fase de liquidación no concurso de acredores, e
están condenadas tamén o resto das empresas á readmisión das traballadoras despedidas. Mentres, os empresarios crean novas empresas e fan cesión ilegal de traballadores.
Margarida Corral denunciou que todo isto ocorreu “ante a pasividade da Consellería de Traballo e Benestar, que se negou a recibir ao Comité, cando a Xunta de Galiza ten un concerto asinado con esta Residencia para xestionar 110 prazas de residentes e por
un importe superior a 1.450.000 euros”.
Denunciou tamén que “tanto a  Xunta de Galiza como a Autoridade Laboral están de brazos cruzados ante esta situación, pese a que deberan velar polo cumprimento da máis estrita legalidade tanto en materia laboral como no referente os requisitos esixidos no concerto” e subliñou que a pesar desta situación, “as traballadoras non ficaron á espreita de que o goberno do
Partido Popular interviñese. E tal e como versa o sublema do 8 de marzo: Querennos na casa!Respostemos na rúa!”
Lembrarlle o impresentable de Luis Aragunde que a esquerda do PP tamén hai vida , non só no PP traballan as mulleres, per que lle queremos a este tarugo que temos como alcalde.
NOVA RECOLLIDA DA CIG.


)

Ningún comentario: