27 de mar. de 2014

O LOINO NO “NOVO BOLERO” ESTÁ ACABANDO COA XARDA DO CANTÁBRICO

PÓDESE SER SER MAIS FELIZ E ¡¡¡ESTAR TRABALLANDO!!!
Din que a cara é o espello da alma, pois ben se vemos a cara “dos loinos” non fai falta dicir que son
dous dos homes mais felices do mundo, e o mellor de todo non están de carallada ¡¡¡están traballando!!!. E , todo hai que dicilo, non son funcionarios (ollo non quero dicir que os funcionarios sexan uns palanquíns, senón que estamos a falar de dureza no chollo) son homes que están a partir o espiñado todos os días, pero o remate ven o froito do seu traballo, o barco “NOVO BOLERO” a selo de xarda, para felicidade de toda a
súa tripulación. A verdade é que as fotos son unha marabilla, o malo é que a “bicoca” está a punto de rematar e pronto teñen que volver co "cupo" xa feito. 
Vos creedes que hai dereito a que a xente como esta,  os policías en Santiago, romperan as porras mallando  nelas? Estes son os terroristas que nos queren facer ver a TDT party? (as televisións dos fachas, na por suposto incluimos a VOZ TV). Non,  estes son homes que o único que queren é traballar, e ademais son felices facendoo, porque saben que durante un tempo non  vai faltar de nada na casa. Moitos parabéns Loino e compañia,   estou moi orgulloso de ser  teu cuñado, e que sepades que aquí tedes unha lexión de admiradores pois a anterior entrada en dous días,  tivo centos de visitas.
UN ARTIGO DE XAQUIN CHARLIN "CHON". 

Ningún comentario: