14 de abr. de 2014

CARTA ABERTA A BENITO GONZÁLEZ “PELEA”.

Convocas unha rolda de prensa acompañado de outro imputado, para dicir  que che arquivan PROVISIONALMENTE,  a espera de
novas probas,  a querela no xulgado numero 1 de Santiago . Sen embargo evitas,  ou mellor dito CALAS,   dicir a prensa
que estas imputado por un presunto delito de  CORRUPCIÓN,  e tes depositada unha fianza de case 60.000 € por malversación de caudaís publicos
( BARCO TRAGOVE ) .   Tamén dis que vas a presentar unha querela para pedir danos e prexuízos contra os que comparecemos como acusación particular . Ese disco xa esta raiado Benito ,  vai facer dous anos que dixeches o mesmo
publicamente ,cando “obrigaches”  os empregados da confraría a que sairán na televisión  e na prensa comarcal ,dicindo que “mañá mesmo presentaremos unha querela por dicir que os "tickets" o teu nome  eran falsos” , sabes moi ben que son
auténticos ,   por iso non existe querela xudicial ningunha, e cando os teus letrados fixeron efectiva  unha  querela no xulgados de Cambados contra nos fai 3 anos ,no momento que os teus asesores xudiciais  avisáronche que se estaba volvendo contra ti ,retiráchela   ,dis que por aforrarlle cartos a Confraría  .  ¡¡Que cousa mais rara  en ti,   aforrándolle cartos a confraría ¡¡
 saíuche o tiro pola culata .   A túa obriga é dicirlle  os socios publicamente cantos cartos levas gastados en causas xudiciais para defender solo as túas presuntas corruptelas , non os intereses da confraría ou dos socios ,  pois segundo as contas por ¡¡Muros ¡¡ ,que presentas  anualmente , levas gastado preto  de 45.000 € estes últimos 4 anos ...  eu creo que son moitos mais ,  pois a maioría dos socios non nos saen as
contas.  O dia da declaración  dos empregados da confraría nos xulgados de Cambados , quedei abraiado dos medios que tiñas para túa defensa ,un dos mais caros bufetes de avogados de Galicia e mais dous avogados da comarca  ,SIMPLEMENTE PARA TOMAR DECLARACIÓN A UNHAS TESTEMUÑAS ,  xa me dirás quen paga todo iso ,dubido
que saia do teu peto , mais pronto que tarde os socios da confraría ,  saberemos publicamente quen paga os honorarios dos avogados  e quen os fixo efectivo .     Espero que xa que tes tanta vontade para convocar roldas de prensa para comunicarnos un arquivo PROVISIONAL  ,teñas a decencia de convocar unha reunión para explicarlle os socios que “tejemanejes” existen na empresa “Portos de Cambados” e quen son en realidade os propietarios , pois o rumor no medio dos socios e cada vez maior.    
 LUIS COSTA (FALÚA)     

Ningún comentario: