OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ACODEN AO VALEDOR DO POBO ANTE A NEGATIVA DE ARAGUNDE DE FACILITAR INFORMACIÓN AO GRUPO MUNICIPAL
O Valedor do Pobo de Galicia vén de admitir a trámite dúas queixas presentadas por Fátima Abal, Portavoz do
PSdeG-PSOE, ante a negativa do Alcalde de Cambados de responder unhas preguntas presentadas por escrito e que deberían ser contestadas no Pleno seguinte á data de rexistro de ditas preguntas.
PSdeG-PSOE, ante a negativa do Alcalde de Cambados de responder unhas preguntas presentadas por escrito e que deberían ser contestadas no Pleno seguinte á data de rexistro de ditas preguntas.
Ante a negativa de Luis Aragunde de responder ás preguntas presentadas por escrito no mes de maio de 2013 sobre o caso
da colaboración do Concello cunha festa que ofrecía alcohol a baixo prezo, e que tiñan que ser contestadas en Pleno de xuño de 2013 e tamén ante a súa negativa de dar resposta ás preguntas presentadas en decembro de 2013 (que tiñan que ser contestadas no Pleno de decembro, relativas ó porqué os senadores do Partido popular votaron no Senado en contra da enmenda socialista para levar a cabo os arranxos do Cuartel da Garda Civil) , os socialistas de Cambados decidimos actuar ante o Valedor do Pobo para expresar a nosa queixa respecto ó incumprimento do deber do Alcalde.

Ademáis, esta falta de contestación ós dous pliegos de preguntas foi reiterada en varios Plenos a así consta na acta do Pleno de febreiro, polo que “xa parece, máis que un quebrantamento do deber de contestar as preguntas, unha verdadeira burla á labor de oposición do noso grupo municipal”.
Fátima Abal afirma que ‘’debido á vulneración dos nosos dereitos reiteradamente como representantes da cidadanía cambadesa por parte de Luis Aragunde, decidimos acudir ao Valedor do Pobo para que vele polos nosos dereitos’’.
Ademais, a Portavoz socialista asegurou que ‘’non pararemos ata que se cumpra coa legalidade en materia de acceso á información, polo que continuaremos adiante tanto vía administrativa, incluíndo os mecanismos previstos na lei 19/2013, como en vía xudicial. E éste será o noso seguinte paso. Non imos a permitir que ningún Alcalde impida que levemos a cabo a nosa labor de oposición, por moita maioría absoluta que ostente’.
Ningún comentario:
Publicar un comentario