10 de abr. de 2014

O “NUEVO BOLERO” REMATA A SÚA AVENTURA NO CANTÁBRICO

DE VOLTA A CASA, PROBABLMENTE O VINDEIRO MARTES OU MÉRCORES,  ESGOTADA A COTA.
O” Nuevo Bolero” probablemente  volveran a casa definitivamente  o vindeiro martes ou mércores (teñen que
facer reconto),  despois de facer unha boa marea, aínda que lles gustaría que a “cota fora moito mellor”, pero as negociacións dos nosos políticos foi nefasta neste sentido. De todos os xeitos a vista das fotos que publicamos en outros dous reportaxes, aparte de
traballar como eles saben partindo o espiñazo todos os días,  vese nas súas facianas que pagou a pena. Os tripulantes do “Nuevo Bolero”de Cambados,  custoulles estar lonxe da súa familia, pero viron que o resultado, que como dixemos podía ser moito mellor, foi positivo. Esperemos que para o ano os nosos inútiles gobernantes  negocien mellor a cota e podían gañar mas cartiños ca este ano, que falta fai.

Non todo foi traballar, tamén houbo algún intre para o lecer.


Ningún comentario: