9 de abr. de 2014

POR UNHA VEZ, E SEN QUE SIRVA DE PRECEDENTE, ESTAMOS DE ACORDO CO ALCALDE DE CAMBADOS.

O POBO TEN QUE MOBILIZARSE SE NON QUERE PERDER A CABECEIRA DO PARTIDO XUDICIAL
Por unha vez, e sen que serva de precedente queridos amigos, estamos de acordo co Alcalde de Cambados no relativo o novo anteproxecto de lei de Demarcación e Planta Xudicial  aprobado o venres pasado  instado polo inútil
O decano dos procuradores con
Chon.
ministro e xustiza o “facha” Gallardón e que falamos del neste mesmo blog o outro día. Hoxe Luís  nun periódico  de “cuyo nombre no quiero acordarme” publica unhas manifestación nas que di que si se mandan todos xulgados para Pontevedra perdese operatividade e comodidade. 
O Alcalde Luís Aragunde vai levar o asunto a pleno do concello de Cambados e espera contar con todo apoio da corporación,  que aquí damos por descontado que BNG e
Xuiz decano de
Cambados
PSOE deben de aprobar esta moción. Tamén di Luís Aragunde que vai reunirse co Decano dos Xuíces de Cambados (por certo non lle queda moito tempo no cargo porque está a punto de pedir traslado) e co decano do colexio dos procuradores de Pontevedra que non é outro que o cambadés Jesús Martinez Melón.  Luís tamén comenta que “Cambados vai perder entidade” e engadiríamos mais,  tamén vai perder prestixio, vai perder categoría e sobre todo vai perder economicamente, polos xulgados de Cambados pasan centos e centos de persoas todas as semanas que deixan un  gasto enorme na vila..
O ALCALDE TAMÉN DEBE DE REUNIRSE
O alcalde de Cambados con Chon
CO COLECTIVO DE FUNCIONARIOS
Pero faltou lle dicir neste caso a Luís Aragunde que tamén  tería que reunirse co colectivo de funcionarios, pois somos o colectivo mais grande e poden ser co conxunto do Concello de Cambados os mais prexudicados.  Actualmente estamos traballando no edificio dos xulgados de Cambados,  entre persoal laboral, e funcionarios, ou sexa postros de traballo directos  
Funcionarios dos xulgados
sobre 60 persoas e indirectamente centos se contamos, avogados, procuradores e peritos. Polo que Luís Aragunde debe de reunirse tamén con esta importante colectivo para saber o que pensamos.
Pois iso , sen que sirva de precedente estamos de acordo con Luís Aragunde, pero tamén temos que dicir xa previamos isto en setembro pasado e algúns  incompetentes chamaronos "alarmistas".

Ningún comentario: