7 de maio de 2014

LUIS ARAGUNDE COS NENOS DE CAMBADOS NON SE PODE XOGAR

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS DENUNCIAN O MAL ESTADO DOS PARQUES INFANTÍS E INSTAN AO CONCELLO Á SÚA INMEDIATA REPARACIÓN
A Portavoz do PSdeG de Cambados, Fátima Abal vén de denunciar no día de hoxe a pésima situación na que se
encontran os parques infantís da localidade polo que presentou un escrito no Concello solicitando a súa inmediata reparación. 
Asemade denuncia que esta situación pon en perigo a integridade dos nenos que xogan a cotío nos parques. Un exemplo é a situación do parque infantil de Santo Tomé, no que se poden atopar parafusos ao aire,
unha tirolina sen enganche e varios xoguetes rotos. 
O parque do Torrado, epicentro de xogo dos nenos no centro da vila, presenta unha vez máis, un abandono considerable. Nel podemos atopar o chan de caucho totalmente roto, deixando ó aire os bordilos de cemento na zona de xogos e
os propios xoguetes en moi mal estado. 
Neste senso, a Fátima Abal afirmou que ‘’a deixadez e abandono destes espazos é moi preocupante”. Ademais engadiu que ‘’mentres se fala de promoción turística, o abandono dos parques é a imaxe que se levan de Cambados os visitantes’’. 
Fátima Abal tamén engadiu que ‘’recórdolle,
unha vez máis, ao Goberno local que as parroquias existen, e merécense tamén un mantemento óptimo dos seus parques’’. 
Ante a preocupación de que a solicitude de reparación dos parques non se levase a cabo de xeito inmediato, Fátima Abal falou co Alcalde tras rexistrar a solicitude, e mostroulle as fotos que evidencian a situación de perigo para os máis cativos. 
O Alcalde, Luis Aragunde, contestou que os desperfectos tentaríanse arranxar coa maior celeridade e recoñeceu que supoñen un perigo certo para os nenos.
Esperamos que ésta non sexa unha máis das promesas incumplidas do Alcalde de Cambados.

Ningún comentario: