19 de xuño de 2014

GOBERNAR CON SERIEDADE E HONESTIDADE

“NON RESULTA ACEPTABLE O QUE FAI CONTINUAMENTE O PP DE ESTAR PROMETENDO, ANO TRAS ANO, AS MESMAS OBRAS”
(VER NOTA DA ADMINISTRACIÓN DO BLOG AO REMATE DO ARTIGO)
Gobernar con seriedade e honestidade  son os  requisitos mínimos que un cidadán/á debe esixir a un representante
A praia que se leva prometendo 40 anos.
político con responsabilidades de goberno. O BNG fai hoxe  referencia a estes principios, en relación aos continuos retrasos, desde hai anos, que se están a producir nos  solicitados e
As obras prometidas da piscina
que nunca se fan.
prometidos arranxos  do Colexio Magariños. Neste asunto, o BNG está a cumprir coa súa labor fiscalizadora como grupo político na oposición. O BNG non está  gobernando en Cambados, pero dentro das súas funcións como representantes políticos, de parte da cidadanía, está a de velar polos
As comportas en estado abandono
intereses e as necesidades dos veciños/as de Cambados. E nesa liña de traballo, o BNG non acepta  o malo costume do PP de incumprir, de xeito recorrente, as promesas que fai á cidadanía, xa se trate dos arranxos no Colexio Magariños, das obras de
O centro de Dia que nunca se
da feito.
saneamento do Saco de Fefiñáns ou da construción do centro de día. Nun país democrático hai que gobernar con honestidade e non resulta aceptable o que fai continuamente o PP de estar prometendo, ano tras ano, as mesmas obras. Promesas ás que, ademais, incluso lle asigna un orzamento (como no caso do Colexio

Magariños); orzamento que logo non se executa. Non se pode enganar á xente e, menos, de xeito continuado como fai o PP.
Tampouco resulta aceptable mostrar a veciños e veciñas, como fai o PP, que o seu grupo político  ten prioridades e que estas  non son ás deles. Pois, nun momento de tremendos recortes públicos, se permiten derrochar máis de 600.000 € nas comportas do Saco de
Fefiñáns pero non están dispostos a destinar a terceira parte destes cartos, para atender as urxentes e prioritarias necesidades do colexio público do Magariños. 
Aos cidadáns non se lles pode enganar e os políticos son reféns das súas promesas. A cuestión non é, como di Luís Aragunde, “ … que o BNG se presenta como salvadores para despois poder presumir de que as obras fanse grazas a eles …”. A cuestión é que o BNG está a realizar á función para a cal foi elixido democraticamente, mentres cao PP pásase o tempo facendo política electoralista, política para perpetuarse no poder, e non política para o beneficio da cidadanía.
Un artigo de Víctor Caamaño Rivas (Portavoz Municipal do BNG)







NOTA  DA ADMINISTRACIÓN DO BLOG.-  

Só engadir a este excepcional artigo de Victor Caamaño un par de cousiñas:
1º.- Hai uns cómplices claros na políticas propagandísticas de Luís Aragunde,  e este blog sabe ben claro que nin PSOE nin BNG O VAN A DICIR NUNCA. Eses cómplices son os medios de prensa de Arousa, neste caso,  e sobre algúns dos seus periodistas que están "conchavados" co poder,   e
algunhas incluso con vínculos familiares e boas amizades co mesmo, teñen retida a liberdade de expresión, amén de estar os seus medios subsidiados e “secuestrados” virtualmente polas institucións tanto locais e provinciais que lle dan grandes cantidades de cartos para que se fagan eco da propaganda que fai Luís Aragunde de obras  que non fai. É xusto que digamos tamén que hai verdadeiros periodistas que aman a súa profesión e fan ben o seu traballo e son tamén reféns das súas editoriais. So imos poñer un exemplo se poñedes en google “Centro Dia Cambados” veredes cantidade de publicacións de fai anos prometendo a construción do mesmo, e así o das comportas que están abandonas as obras, a prometida praia articial xa por Touris,  etc. 
2º.- Entendemos  que tanto o BNG como o PSOE NON digan realmente o que senten e só se atrevan a dicilo “of de record” porque eles saben tan ben  coma nos o importante que é a prensa en política,  é a que  realmente marca os tempos, polo que é moi perigoso a veces dicir a verdade. Porque ter a prensa en contra en política,  que o final son o eco cara a sociedade dos traballos que fan os partidos, é un suicidio político, o malo é que a prensa sabeo e aproveitase desta conxuntura.

Ningún comentario: