12 de xuño de 2014

UNHA SOCIA DA CONFRARÍA INSISTE NA IMPUGNACIÓN DA CANDIDATURA DO ACTUAL PATRÓN MAIOR

A PRENSA DE AROUSA  MINTE DESCARADAMENTE E MISTURA INTENCIONADAMENTE O CANDIDATURA DE REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA DA CONFRARÍA CON ESTA IMPUGNACIÓN.
Unha socia da Confraría de Cambados, ven de presentar un escrito (podelo ver íntegro o remate desta nova).  A socia en
cuestión,  que non vai na lista de Candidatura de Rexeneración Democrática da Confraría que entre outros lidera Carlos Manuel Martinez González, o cal en declaración a este blog desmarcouse claramente deste escrito,  argumenta o escrito acusando a Secretaria da confraría de manter a persoas, titulares de embarcación que non contan cos permisos e habilitacións profesionais necesarios para desenrolar a actividade profesional. O Recurso en cuestión alicerzase  en que non é posible acudir o subterfuxio de
retrotraer a alta da embarcación Pelea como socio da Corporación a data da súa constitución. En todo caso segue a argumentar a socia en cuestión  é evidente a súa inelixibilidade da embarcación de Benito Pelea ao non acreditar dous anos de antigüidade como socia a empresa “Barco Pelea S.L. na Confraría de Pescadores.  Remata dicindo que os que tramitan o proceso electoral poden estar tratando de realizar o temido “pucheirazo”
Doutra banda e relacionada con este tema dicir que a Candidatura de Rexeneración Democrática que entre outros lidera Carlos Manuel Martinez González, pese as intoxicacións da prensa de Arousa que a toda costa queren lavar a imaxe de Benito Pelea e polo tanto do PP de Cambados e polo tanto a candidatura tanxencial mente conectada coa corrupción, non ten nada que ver con este escrito. É incrible que medios de prensa, que precisamente
esa é a súa profesión e non fan outra cousa, mintan de xeito tan descarado en beneficio dunha persoa en concreto. Vergonzoso foi a manipulación que fixo o presentador (de cuyo nombre no quiero acordarme) de Pleno Aberto na entrevista de Benito Pelea, por un pouco súbeo aos altares. Así lle vai o periodismo en Arousa, dicir peridoismo aquí e o mesmo que dicir “Louzán”.  Por certo engadir que o Alcalde Luis Aragunde xa a esta percorrer na compaña de Benito Pelea casa de mariñeiros de Cambados, e  a un xa lle fixo cambiar de opinión, o pai era moi famoso no Concello.








Ningún comentario: