16 de xul. de 2014

OPINIÓN: IMPRESIONANTE!!! O CARTAZ DE CONCERTOS DA LXII FESTA DO ALBARIÑO.

POR XAQUIN XESTEIRA (GAITEIRO)
IMPRESIONANTE!!! NINGÚN CONCERTO NIN EN GALEGO NIN DE MÚSICA GALEGA.....ao
parecer para que os turistas gocen de todo tipo de música....ENTÓN.... para que todos estean contentos, sobre todo os turistas....nas casetas do viño PODERÍAN VENDER TAMÉN RIOJA, RIBERA DEL DUERO, MANZANILLA, VINO DE RUEDA, VALDEPEÑAS, PENEDÉS, etc.... e nas casetas gastronómicas debería haber pois... migas, gazpacho, cocido madrileño, paella valenciana, pan tumaca, marmitako, montaitos, etc....no canto de produtos de aquí AH! pensei que a festa era para promocionar os productos de Cambados e tamén de Galicia...Claro....a música e o idioma é cultura...non serven para nada. Non é bo que os turistas vexan que hai alternativas ao que as televisións e radios nos poñen todos os días.
XAQUIN XESTEIRA (GAITEIRO)


Ningún comentario: