31 de ago. de 2014

A ASOCIACION PESDEBARRO FAI DOUS CURSOS DE BAILE

CURSO DE BAILE GALEGO
O Liceo-Casino, a través da Asoc. Pesdebarro, ensinará as dinámicas e pasos do baile galego para
desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.
Comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para
permutar e combinar libremente os movementos.
Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para calquera idade, podedes asistir a unha clase e comprobalo por vos mesm@s
Duración: Todos os luns do 1 de setembro ao 29 de xuño no Salón de Actos do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.
Horario: 19:30 a 21 horas.
Prezo matrícula por mes: de balde para @s soci@s do Liceo-Casino / 15 euros non socios-as.
Inscrición: secretaria@liceocasino.org / pesdebarro@hotmail.com  / tl.: 986501919 - 692646068
CURSO DE DANZAS DO MUNDO
O Liceo-Casino, a través da Asoc. Pesdebarro, imparte un
curso de Danzas do Mundo no que se fara un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, danzas galegas.
Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar danzas tradicionais portuguesas, francesas, catalanas, holandesas, xapononesas e moitos outros paises do mundo, ademáis de bailes xogos, etcétera.
O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de
idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.
Duración: Todos os martes do 2 de setembro ao 30 de xuño no Salón de Actos do Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.
Horario: 19:30 a 21 horas.
Prezo matrícula por mes: de balde para @s soci@s do Liceo-Casino / 15 euros non socios-as.
Inscrición: secretaria@liceocasino.org / pesdebarro@hotmail.com  / tl.: 986 50 19 19
Aquelas persoas que queiran participar nos dous cursos, e non sexan soci@s do Liceo-Casino, teralle un custe de 25 €. 

Ningún comentario: