29 de ago. de 2014

“ALCALDE CABRÓN”.O ALCALDE LUÍS ARAGUNDE INXURIA A EDIL SOCIALISTA FATIMA ABAL NO PLENO DE ONTE, SEGUNDO ESTA, A ACUSALA DE TAL INSULTO.

FATIMA PRESENTARÁ ACCIÓNS LEGAIS CONTRA LUÍS ARAGUNDE UNHA VEZ RECIBA CERTIFICACIÓN DA ACTA DO PLENO  DE ONTE.
O pleno de onte deu para moito e irémolo desmiuzando pouco a pouco, pero unha das grandes novas da mesma foi que o Alcalde Aragunde, na súa teima de mentir
descaradamente  como xe ten acostumado a todos os cambadeses e sobre todo en temas tan graves como o da piscina ou do Colexio Magariños, onte  en sede plenaria, atreveuse a inxuriar a edil socialista Fátima Abal  a
acusar a esta de insúltalo gravemente o día da inauguración do albariño con motivo da manifestación realizada polos traballadores da piscina. Fatima estivo efectivamente nesa manifestación en apoio aos traballadores das piscina, non para “fodelos” como fai Luís Aragunde.  No pleno de
onte Luís Aragunde acusou a Fatima Abal de insúltalo chamándolle “ALCALDE CABRÓN”, cando Fatima dille que iso e unha mentira Luís como sempre sae por “peteneras” e di que Fatima estaba suxeitando unha
pancarta cunha persoa que lle chamou “ALCALDE CABRÓN”, pola tanto segundo a teoría "conspirativa" de Luís Aragunde, tamén participa no insulto, segundo isto Aragunde no pleno de onte acaba de reformar o dereito penal español.  Inmediatamente Fátima Abal dille ao Secretario
que faga constar tal aseveración en acta para tomar as medidas legais pertinentes. 
Fatima estaba acompañada na manifestación pola súa nena de 7 anos, e coñecendo como coñecemos os cambadeses a Fatima sabemos que incapaz de dicir tal cousa e menos diante da súa nena, porque en materia de educación Fátima dalle leccións a Luis Aragunde, e coñecendo como coñecemos a trampón do noso alcalde sabemos que é capaz de dicir calqueira cousa con tal de quedar ben diante da prensa do réxime. 
Seguiremos informando sobre este pleno porque ten “miga”, e ademais un "NOTICIÓN" nos depara o PSOE  en breve, xa vos contaremos. 

Ningún comentario: