19 de ago. de 2014

LUÍS ARAGUNDE LEVA TRES ANOS COAS OBRAS DOS SUMIDOIROS DA REVOLTA EN CASTRELO PARALIZADAS.

O PSOE, POR MEDIO DE FATIMA ABAL PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE AS REINICIE.
Xa sabiamos que temos un alcalde incompetente en Cambados, pero o que vai denunciar o PSOE mediante
Fatima Abal (Foto
Cambados TK)
unha moción para tratamento en pleno  é a incompetencia personificada. A moción do PSOE cambadés e a seguinte: 
"FÁTIMA ABAL ROMA, en calidade de Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de Cambados, en base ao
disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Van xa máis de tres anos dende que este Concello, tralas reiteradas peticións dos veciños, comezase as obras para a instalación de sumidoiros no lugar de A Revolta, na parroquia de Castrelo.
A día de hoxe, os veciños seguen sen poder utilizar dito servizo. Hai veciños con casas ás que nin tan sequera se lle achegou o servizo, a outros, non se lles permitiu conectar o
Foto: Faro de Vigo.
servizo público ás súas casas.
Este grupo municipal é coñecedor das constantes peticións que os veciños dese lugar lle transmitiron a este Concello, e persoalmente ao Alcalde, sendo a resposta a ausencia de fondos para continuar as obras e instalar a bomba necesaria para que se poida poñer en funcionamento o servizo de sumidoiro na zona.
Esta lamentable situación repítese co servizo de auga. Son moitos os veciños os que a día de hoxe non gozan deste servizo básico.
Polo anteriormente exposto, este Grupo Municipal solicita:
1. Que se lle de de forma definitiva o servizo de sumidoiro a
tódolos veciños do lugar de A Revolta, na parroquia de Castrelo.
2. Que se lle de de forma definitiva o servizo de auga a tódolos veciños do lugar de A Revolta, na parroquia de Castrelo."
NOTA DO ADMINISTRADOR: O que non entendemos é que os veciños da Revolta estean tan tranquilos e fixeran ningunha acción contra Luís Aragunde, hai que perderlle o medo a este inepto, veciños de Castrelo.

Ningún comentario: