20 de ago. de 2014

O GRUPÒ CAMBADÉS NOITE FECHADA NO CARTEL DAS REVENIDAS 2014

O FESTIVAL 100% GALEGO  DESTA FIN DE SEMANA EN VILAXOAN
A formación cambadesa actuará o sábado  é un dos principais actractivos dun cartel que tamén compoñen
Herdeiros da Crus,  os coruñeses Diplomáticos de Monte Alto ou as formacións Rastreros e Ulträqäns
- Haberá concertos durante toda a fin de semana, o domingo de balde
- As entradas están á venda online na Airapro Tenda, na web do Revenidas, así como en diferentes establecementos das principais cidades de Galicia. Os prezos oscilan entre os 10 € da entrada anticipada para un só día e os 18 € do bono para as súas xornadas
- Airapro, a produtora dos actores Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán produce o festival en
colaboración coa asociación A Repichoca
Todo listo  para a festa da música galega e en galego deste verán. Vilaxoan prepárase para levar aos escenarios do Revenidas un
sensacional cartel con algúns dos mellores grupos de rock galegos e en galego das últimas décadas. Coincidindo co vinte aniversario do bravú, Heredeiros da Crus e os Diplomáticos de Monte Alto lideran a relación de bandas nas que este ano tamén estará a banda cambadesa NOITE FECHADA que farán gozar ao público que desde o venres encherá de música a pequena localidade mariñeira de Vilagarcía.
Na web do Revenidas, na Airapro Tenda e en varios puntos de venda quedan aínda entradas anticipadas para o festival (18 € para os venres e sábado, 10 € para cada un dos días por separado). Na taquilla, terán un prezo de 22 e 15 euros respectivamente. O venres os concertos comezarán ás 22.00 horas (apertura de portas ás 21.00), e o concerto dos Heredeiros está previsto para as 00.20 horas. .

Ningún comentario: