26 de ago. de 2014

O BNG DE CAMBADOS VOLVE A PEDIR UNHA COUSA IMPOSIBLE:

QUE LUIS ARAGUNDE SEXA TRANSPARENTE NA SÚA XESTIÓN. PIDELLE AS CONTAS DO ALBARIÑO.
Hoxe mesmo o portovoz do BNG Víctor Caamaño Rivas no Concello de Cambados,  ven de presentar un escrito pedindo unha cousa imposible, que Luis
Aragunde sexa transparente, acaso Victor Caamño descoñece aquel dito PoPular que di “Carne de Burro, non é transparente” e que se aplica (o dito) a todas aquelas persoas que non deixan ver algo, ou entorpecen a visión, non queremos dicir con isto que Aragunde sexa un burro,  nada mais lonxe da
realidade, o que queremos dicir é que Luis Aragunde non é transparente.
Ben, despois desta disquisición cuasi filosófica, deciamos que o BNG  ven de manifestar hoxe no concello mediante un escrito que hai aproximadamente un mes que se celebrou a Festa do Albariño do ano 2014 e que o BNG, como ven facendo habitualmente, quere solicitar ao goberno municipal unha serie de informacións relativas a este evento, desexando que nesta ocasión a información facilitada ao BNG se axuste ao que realmente pide (agardando que o PP se aplique esa transparencia que tanto
esixe aos demais) e que non  siga ocultando o que debería ser coñecido por todos/as os cidadáns e cidadás. Tamén sería desexable que a información solicitada fora entregada antes do inicio do ano 2015; polo que ven de solicitar ao que non é transperente que se facilite ao BNG a seguinte información:
1.- Gastos orixinados pola organización da Festa do Albariño 2014.
2.- Axudas económicas facilitadas polas Administracións Públicas (diferentes Consellerías da Xunta e Deputación) para a organización deste evento (cantidades recibidas e orixe das mesmas).
3.- Listado de convidados ao Xantar do Albariño (listado de todas aquelas persoas que asistiron ao Xantar convidados polo concello e a razón pola que foron convidados).
Sabe de sobra Victor Caamaño que esta información non lla vai faciklitar Luis Aragunde, e coma sempre vai ter que recorrer ao Valedor do Pobo.
Este blog dixo, e non foi desmentido por ningúen,  que só no xantar  o concello gastou dos petos dos cambadeses mais de 30.000 € no xantar, invitando a mais de 600 persoas.

Ningún comentario: