28 de ago. de 2014

O CANTANTE ROGER DE FLOR NA PRAZA ALFREDO BRAÑAS DE CAMBADOS.

MAÑA VENRES ÁS 23.30 HORAS NON CONCERTO PROMOVIDO POR BALOCA BAR, BROTHERS E A LEIRA.
O cantante de Fene Roger de Flor, estará mañá “En Concerto” na Praza de Alfredo Brañas, promovido por
Baloca Bar, Brothers e A Leria, o concerto está previsto que dea comezo a partir das 23.30 horas . Roger de Flor Cantautor pop de Fene que fixo a súa estrea coa maqueta Canciones de Amor y Retranca”, (2006). Tres anos despois sae o seu primeiro LP, Naturalidad Silvestre, (Felipop, 2009), traballo que propiciu a elaboración da longometraxe Roger de Flor: Naturalidade Silvestre un ano despois, unha sorte de makin off do disco. En 2011 publicou El Mundo Está Loco, Loco, Loco... (Buhardilla, 2011). Alterna o galego e o español nas súas composicións.


Ningún comentario: