22 de ago. de 2014

O CONCELLO DE CAMBADOS RECOÑECE POR FIN QUE HOUBO UNHA “GUERRA” ENTRE O ALCALDE E A POLICÍA LOCAL

LUÍS ARAGUNDE SEMPRE NEGOU QUE HOUBERA NINGÚN CONFLITO.
Xa sabemos todos en Cambados que entre outros apelativos o noso “querido” Alcalde 
é coñecido por “Sisi”, por razóns obvias, tamén é coñecido
por “Pinocho” , pois minte mais que fala. É publico e notorio que el nunca recoñeceu un conflito entre a Policía Local, ou parte da Policía Local de Cambados e a súa persoa, pero estes dias podemos ler na prensa frases como: “O nomeamento de Oubiña, levantou bochas”(referíndose o nomeamento de sustituto por vacacións do
xefe da Policía Local), “ameazaron (parte da Policía Local) con denunciar ao alcalde por tomar unha decisión que consideran «ilegal”, “Gil Oubiña  dixo non ter sido consultado (pola alcalde) acerca do seu nomeamento”, “os policias xa avanzan que non o consideran o interlocutor adecuado (referíndose ao Tenente de Alcalde
Foto: FAro de Vigo-Noé Parga-
Antonio Iglesias Pombo) para abordar esta cuestión”, “ o malestar crece na plantilla e o ambiente de traballo críspase cada vez máis”, “foi un encontro tenso (referise a reunión entre Iglesias e a Policía Local)”, “un
Foto: Diario de Arousa.
sector da Policía Local de Cambados e grupo de goberno levan meses enfrontados”
, “A presión emprendida por algúns policías debese a razóns de tipo político (Luís Aragunde dixit)”, “o goberno e a Policía de Cambados, abren unha vía de diálogo”, “Os axentes fan «unha chamada á cordura»”, “hai que avogar polo diálogo e enterrar a machada de guerra”, “Hai que abrir
Foto: Faro de Vigo-Iñaqui
Abella-
unha porta ao diálogo e limar asperezas
(Antonio Iglesias dixit)”.
Non estamos a falar do conflito entre Palestina e Israel, ou do avance yihadista en Irak, nin da guerra de Siria, simplemente estamos a falar do que tantas veces  xa dixemos neste blog de que había un serio conflito entre parte da Policía Local e o goberno de Cambados, que Luís Aragunde sempre negou, amosando que é un trampón, e que cando dicimos que Luís Aragunde minte non o dicimos gratuitamente, senón que nos remitimos aos feitos. Alégranos moito que se haxa negociacións ,  e alegraríanos mais que estas chegaron a un bo porto, polo ben dos traballadores, e dicir, a Policía Local, porque estamos seguros que o inepto que temos como Alcalde vánselle abrir mais frontes.

Ningún comentario: