19 de ago. de 2014

O DOMINGO “A PASTORA” ESTABA TRISTE.

POR PRIMEIRA VEZ EN MOITOS ANOS NON TIVERON LUGAR ACTOS LÚDICOS
Se había algunha festa en Cambados que estaba a acoller un auxe fora de serie esa non era outra que “A Festa da
Pastora”. Era a mellor festa de Cambados, sen ningún xénero de dubidas, senón contamos a Festa do Albariño, a directiva  que había,  encabezada por Marisa e secundada por Luís o Loino, estaban a facer do sábado da Pastora unha cita ineludíbel para mozos a maiores, alí había grupos de rock, como os do ano pasado “Los Caciques” que triunfaron rotundamente,
que se misturaban cunha gran queimada empanada e mexillón, toda unha maridaxe perfecta. Os domingos era todo un ir e vir de xente  tanto pola mañá como pola tarde, e a procesión era moi numerosa. Onte “A Pastora” estaba moi triste
porque non tiveron lugar actos lúdicos  e foi moi pouca xente ao monte, incluso o párroco a mañá deixou caer que había que reparar os malos entendidos e celebrar novamente a festa. En todo caso malos entendidos ningún,  aquí xa o dixemos por activa e
por pasiva  que o único responsable de que a Pastora non tivera festa  foi o noso “querido” alcalde Luís Aragunde. É de agradecer a labor de Volandeira e da Banda de Música de Castrelo polo seu traballo tanto o sábado como o domingo na procesión, eles fixeron  que a procesión parecera outra cousa, o que si ignoramos
, e tampouco é unha cousa que non nos interesa moito e quen lle pagou, iso agora é o do menos. O que compre é que Luís Aragunde rectifique lle pida perdón a anterior directiva a esta retome a festa,  porque onte aparte da Pastora,  a xente de Santa Mariña estaba triste. Estamos seguros de que si se retoma a festa , esta volvera a ser a gran festa que foi.
FOTOS: BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO.

Ningún comentario: