28 de ago. de 2014

O PP QUERE DAR UN GOLPE DE ESTADO REFORMANDO A LEI ELECTORAL UNILATERALMENTE

LUÍS ARAGUNDE , ALC ALDE DE CAMBADOS, SUMASE AO "PUCHEIRAZO ELECTORAL"
Sabías que o Goberno pretende cambiar o sistema para elixir alcalde ou alcaldesa nas nosas cidades? Todo co fin
de beneficiar as candidaturas do Partido Popular nas próximas eleccións municipais do 2015. Un golpe de estado en toda regla.
Mariano Rajoy anunciou a súa intención de modificar a lei electoral para que o alcalde sexa automáticamente o candidato da lista máis votada e non
como agora que os cidadáns elixen aos concelleiros e estes elixen ao alcalde. Esta reforma ten como fin que o BNG, ANOVA,  PSOE, Podemos, IU e outros partidos máis pequenos que o PP teñan menos opcións de poder gobernar en numerosos municipios posto que non se
poderán facer alianzas poselectorales. Todos os Alcaldes do PP amosan ou seu acordo con tal “ilegalidade”, incluído ou noso Alcalde Luís Aragunde. 
Un cambio na lei tan sensible como a electoral debe contar cun amplo consenso e pode facerse só facendo valer a maioría absoluta do Partido Popular. Por iso hai xente que pide o teu apoio para frear unha reforma inxusta e que vai en contra da democracia, se queres apoialos e asinar preme AQUI.

Ningún comentario: