27 de ago. de 2014

OPINIÓN:AS CHOIVAS PODEN COMPLICAR A RECTA FINAL DA COLLEITA.

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
As previsións de choiva para esta semana, non van sentar nada ben
a unha colleita de albariño, que de por si este ano esta sendo moi complicado.
Despois de unha primavera chuviosa,onde complicou a purga do acio, tivemos un xullo que favoreceu a enfermidade do mildeu, e agora na recta final da
maduración, estas choivas van provocar un avance perigoso da botritis.
As previsións de vendima están entorno os 23 millóns de quilos, once millóns menos ca colleita anterior, pero pode ser maior a diferencia si o tempo non mellora.
Segundo o presidente do Consello regulador, o Cambades
Juan Gil, a D.O. empregará mais de 5.000 persoas nas tarefas de vendima, mais o persoal fixo das adegas, podemos falar de dez ou doce mil persoas ocupadas na campaña de vendima.
A pesares da considerable merma de produción, con respecto o ano pasado, de momento ninguén fala ou explica cal vai ser a política de prezos, non aí noticias si a mesa do viño esta negociando este tema.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA

Ningún comentario: