27 de ago. de 2014

OS XEITOSIÑOS E O SEU PROGRAMA DE “ALALA”

ESTIVERON NO "ESPECIAL SERÁNS EN BARCIA DE MERA".
Os Xeitosiños de Cambados, este cuarteto de música tradicional composto por Miguel Romero, Roi Xesteira,
Xaquin Xesteiro e Victor, neste caso sustituido polo mestre Xaquin Xesteira,   como anunciamos neste mesmo blog, estiveron no programa Alala concretamente no “Especial Seráns en
Barcia de Mera”, podemos ver aos nosos amigos a partir do minuo 19.55.
Os protagonistas do programa Alalá son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá mestura interpretacións musicais con
fragmentos documentais sobre a vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo.
A música tradicional galega naceu nun
contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En Alalá non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional.
Neste caso, entre outros tocoulle a quenda aos Xeitoxiños, para acceder a o video do programa premede AQUÍ.



Ningún comentario: