20 de ago. de 2014

RUEDA UNTA CON 63.000 EUROS A LA VOZ, FARO DE VIGO E EL PROGRESO

HOXE TEMOS UN EXEMPLO CLARO DE SERVILISMO NA SECCIÓN DE AROUSA DE “LA VOZ”
A Vicepresidencia de Alfonso Rueda (Secretario en excedencia no Concello de Cambados) adxudica a dedo
unha campaña de advertencias sobre os riscos do baño nas praias que se publicará cando a maior parte do verán xa pasou e chegará a finais de setembro.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vai lanzar unha
campaña de " información e insercións publicitarias para promover a seguridade dos usuarios das praias da Comunidade Autónoma de Galicia nos meses do verán". Segundo a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, o departamento de Alfonso Rueda adxudicou 64.396,31 euros
públicos máis IVE a dedo, sen competencia ou publicidade e pola vía de urxencia.
O Goberno Galego advertirá dos riscos dos baños unicamente en tres xornais escollidos de acordo aos seu criterio. E farao ademais,
cando xa pasou a maior parte do verán, polo que moitos dos bañistas non chegarán a tempo de ler as advertencias. 
O carimbo da sinatura delegada por Rueda é do 5 de agosto. O prazo de prestación do servizo é dun mes e 23 días. Polo tanto, a campaña de propaganda seguirá até o final de setembro, cando a penas quedan veraneantes nos areais do país.
La Voz de Galicia, El Progreso de Lugo e Faro de Vigo son
tres cabeceiras amábeis coa Xunta. As tres empresas foron xa seleccionadas, polo que recibirán a inxección de 25,973,18 euros públicos. 
O Consello de Contas xa lle advertiu en varias ocasións ao Goberno Galego da elevadísima
cantidade de cartos que lle entrega a dedo a certas cabeceiras. Só en 2010, o Consello fiscalizou 15,2 millóns entregados aos empresarios da prensa galega.
Deses 15,2 millóns, unicamente o 11,2% foi pagado despois dunha convocatoria pública e competitiva. Case o 90% do diñeiro que sae da Xunta para os medios do mesmo xeito que esta última campaña organizada pola Vicepresidencia. É dicir, pola porta de atrás, impedindo a competencia entre os
diferentes medios. Na práctica o que sucede na Xunta dende a era Fraga é que se financia co diñeiro de todos os galegos as voces editoriais que máis lle convellen ao mandatario no poder.
O Consello de Contas de Galicia, o órgano fiscalizador da contabilidade da Xunta, advertiu tamén a Xunta que os cartos entregados aos medios de comunicación son unha das eivas no referido á transparencia orzamentaria.
(Nova recollida de GALICIA CONFIDENCIAL)
EXEMPLO DE SERVILISMO: HOXE A VOZ DE AROUSA PUBLICA A SEGUINTE NOVA: “CAMBADOS COMPLETARÁ O SANEAMENTO NA REVOLTA TRAS ANOS DE ESPERA”
Onte todos os medios de prensa recibiron as 16.11 horas a Moción do PSOE polo asunto do saneamento da Revolta en Castrelo , incluídos tamén os Blogs,  e precisamente este blog publicouna hoxe. Que casualidade que a Voz de Galicia sacará o titular antes referido as 16.58 na edición
dixital sen publicar a nota de prensa do PSOE. Realmente noxento, lamentable , servilismo puro. 
O modus operandi da prensa do réxime é o seguinte: Reciben unha nota en redacción do PSOE , BNG ou outro grupo político, o primeiro que fan en poñerse en contacto co concello de Cambados, normalmente co Xefe de Prensa, co
cal algunha periodista ten “moi boa relación” (parece que está en nómina do concello), pero non co obxectivo de contrastar a nova, nada diso senón co obxectivo claro de informar a Luís Aragunde,  entón o Xefe de prensa fala co Alcalde e din que van  “solucionar o problema” nun intre. Ah, pero si a noticia é do Concello non vaiades a pensar que chaman a oposición para que dean a súa opinión sobre da mesma, iso non seria o correcto, agora vos explicades porque tantas subvencións e porque este blog e tan crítico con esta prensa tan noxenta e servilista. O que non entendemos e como PSOE e BNG non toman medidas ante este servilismo barato.






Ningún comentario: