22 de ago. de 2014

“TANTA GLORIA LLEVES COMO PAZ DEJAS” .UNHA SENTIDA HOMENAXE A JOSE PEPE NO SEU ADEUS

Foto:Diario de Arousa
POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Os que sodes cambadeses (ben sexa de nacemento, sentimento ou de adopción)
seguro que coincidides comigo en que unha data que temos sinalada no calendario e que  esperamos con ansia  todo o ano é, sen dubida, a Festa do Albariño. 
      A Festa do Albariño é unha celebración na que moitos cambadeses aproveitamos para vernos, cousa que, por
Foto: Google
desgraza,  para algúns  de nos, non   é posible o resto do ano e para gozar dunha festa que nos une a todos, da igual do barrio ou da parroquia que  sexamos e, a pesar, dos intentos de politizala por parte do concello e do Partido Popular. Pero,  a miúdo, adoita acontecer que cando mais estas disfrutando, ocorre un feito que ven a   ensombrecer eses días de celebración e diversión e iso foi o que me pasou, este ano,  en plena festa; en concreto o venres de Albariño, a iso das 4 da maña, como tódolos os venres, entrei na edición dixital do Diario de Arousa para ler o artigo do meu “admirado” Jose Pepe e cal foi a miña sorpresa cando descubro que o noso “escribidor” favorito desvela no mesmo que o deixa, que non segue escribindo mais. 
Xa podedes imaxinar, queridos amigos, a dor que tal nova produciume; o grande, o irrepetible, o poeta da prosa, o noso ilustre paisano Jose Pepe deixa as súas reflexións semanais e a nos déixanos orfos da súa “sapiencia”; xa sei que na maioría das ocasións, Jose Pepe escribía coma un autentico “ignorantiño” e que era un verdadeiro sectario:  
Foto: Google
todo o que “cheirase” a esquerdas ou progresista, para el representaba o demo e confesareivos que cando lía os seus artigos non podía sacarme da cabeza a musica que acompañaba ao NO DO ¡parecíame estar vivindo outra época!;  pero, a pesar de todo o anterior, debo recoñecer que lle collín  cariño ao noso “entrañable” escribidor, incluso no seu derradeiro artigo tivo unhas “emocionadas” palabras coa miña persoa, ¡como para non querelo!  así que coma homenaxe vamos a reproducir dito derradeiro artigo e, a continuación, fareille unhas pequenas aclaracións ao noso “amigo” que, quizais, “borracho” da emoción do momento  non sabia moi ben o que dicía. 
"ADIÓS, Y GRACIAS
Tras un año ocupando un espacio semanal, generosamente puesto a mi disposición por Diario de Arousa, estimo que he vivido una experiencia enriquecedora y gratificante, y he recibido los pareceres de las lectoras y lectores, dulces las más de las veces, agridulces otras y agrias las menos (una). En cierto modo esto es lo que se espera tras una inmersión en el mundo de la publicación de la opinión personal en un medio de comunicación público, sin restricciones y donde los y las opinantes exponen libremente sus pareceres y de eso puede enorgullecerse Diario de Arousa. Ahora puedo decir que se una cosa más. También puedo decir que me he manifestando con absoluta sinceridad, sin valerme de subterfugios ni informaciones tendenciosas o sibilinas venidas de mentes torticeras, practicantes del “calumnia, que algo queda”. No guardo el mínimo rencor por ello, pero me queda la tristeza de que se pueda actuar así. En todo caso quedo sumamente agradecido, en primer lugar a la dirección de este periódico y, concretamente a José Pereira. También a cuantos lectores me han seguido con interés y a los que me esperaban para, solapadamente, excretar sus inmundicias mezcladas con falsedades y embustes. Lo dicho: Adiós, y gracias."
Fermosas palabras, amigos, si hasta dan ganas de botarse a chorar pero debo aclararlle, como dicía anteriormente,  ao noso veciño unha serie de afirmacións que fai, en concreto, onde di : 
    “ (...) venidas de mentes torticeras, practicantes del “calumnia, que algo queda”. No guardo el mínimo rencor por ello, pero me queda la tristeza de que se pueda actuar así.”
   “(...)y a los que me esperaban para, solapadamente, excretar sus inmundicias mezcladas con falsedades y embustes”. 
Vamos a ver, Jose Pepe, como sei que vas a ler isto, rétoche publicamente a que digas onde están as calumnias, as falsidades ou os embustes; sabes tan ben coma min que todo o que dixen de ti e totalmente certo ou ¿acaso non é certo que fuches simpatizante do PSOE e que nos mitins estabas na primeira fila? ¡se hasta na túa mesa de traballo tiveches durante tempo un vaso – lapiceiro co anagrama do PSOE! ¡Ti que agora vas de home de dereitas dos de toda a vida!; case poderías montar un club de “cambia chaquetas” en Cambados, no que ti, xunto a “Fulares” poderiades exercer de socios de honra, ao voso carón a conversión de San Paulo de Tarso ao cristianismo queda en mera anécdota. 
Tamén sabes moi ben que todo o que contei do noso amigo, o funcionario que abandonaba o seu posto de traballo para irse de viños e regresaba, como dicilo, “seriamente prexudicado” e que pola tarde volvía para facer horas e acababa durmindo “a mona”  é totalmente certo; do mesmo modo, tamén sabes que a aventura “erótico festiva” de dito funcionario no puti-club que estaba ao carón da Calzada, na que saíu en calzóns tamén é verídica; por certo, unha dia si temos tempo, contaremos o do “chanchullo” que se traia entre mans ese funcionario e que, case, lle custa o seu fulminante despido (senón foi a “puta calle” débello ao  entón, alcalde que non o “chimpou”  por pena). 
Así que, meu querido colega, repítoche unha vez mais, rétoche a que desmintas algo  de todo o que contei; como
Foto: Google
xa che dixen nunha ocasión, a diferenza entre ti e mais eu, á hora de escribir, é que eu documéntome  ben cando me poño a “aporrear” o teclado, mentres  que no teu caso, como se soe dicir,  a ignorancia é atrevida.
En todo caso,  se aquí  alguén verteu calumnias e falsidades fostes ti, Jose Pepe, que tiveches a pouca  vergoña de chamar “privilexiados” aos funcionarios públicos, os cales nos últimos anos tiveron que sufrir recortes nos seus salarios, supresión da paga extra de Nadal ou perdida de dereitos sociais   e ti aínda tes os “cataplines” de ofendelos. Ou cando chamaches “miserables” aos afectados polas preferentes que lle protestaban (e con razón) a Feijoo na comitiva do Albariño e así poderiamos continuar coa túa particular lista negra: as mulleres que reclaman poder decidir sobre o seu propio corpo (e que para ti son, pouco menos que  unhas asasinas) os ecoloxistas, os  nacionalistas, os  sindicalistas e un longo etc. 
Pero hoxe non é un dia para reproches, meu querido Jose Pepe, lamento que non sigas escribindo, a nosa podería ter sido  a versión cambadesa da inimizade  que mantiveron nas letras españolas Luís de Gongora  e Francisco de Quevedo. Hai quen  atribuíu a túa retirada (e así fíxomo saber)  ás miñas críticas e debo dicir, respecto   diso,  que non quero ese remordemento de conciencia, sentiríame como David Chapman, o asasino de John Lennon, seria algo co que non podería vivir o resto da miña vida:  eu, un simple “xuntaletras” ¡o que lle deu  morte (literaria) a Jose Pepe!, ¡¡so  de pensalo pónseme a pel como escarpeas!!. 
      Gustaríame ser crente coma ti e ter un Deus a quen rezarlle pola túa resurrección , pero como son ateo o que vou facer e comprometerme aquí e  agora, a  que si recapacitas e volves a escribir, deixareiche unha botella de albariño pagada no Laya, na de Lupe ou en calquera dos moitos sitios onde adoitabas facer vida social, para que a bebades á miña saúde ti e o teu amigo “o barbas”, ese que tan ben colocou a filla,  si xa o dixo non seu día o defunto de Fraga: “a xente do PP consegue os mellores postos na administración  porque está moi preparada”. 
  Despídome Jose Pepe desexándote longa vida e que durante moitos anos poida gozar da túa presenza polo noso amado pobo. Cóidate meu rei   
     
Un saúdo a todos  . 
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 
            


Ningún comentario: