27 de ago. de 2014

VOLVE O CONCURSO DE COCIÑA MÁIS ESIXENTE DO MUNDO, TOP CHEF

CO COCIÑEIRO "ESTRELA MICHELIN" CAMBADÉS,  YAYO DAPORTA,  COMO PROTAGONISTA
Top Chef xa está quentando motores para volver coa súa segunda tempada a Antena 3. Alberto Chicote e Susi Díaz
Yayo Daporta
continuarán de xurado ao que se une o cociñeiro Yayo Daporta que promete dar moito xogo. 
Tres chefs de gran prestixio: Alberto Chicote capitaneará novamente o xurado xunto a Susi Díaz e Yayo Daporta, que se suma ao equipo de xuíces encargado de valorar as receitas que elaboren os participantes do espazo
O plató sufriu poucas variacións con respecto
ao da primeira edición e quizais as diferenza máis notable a primeira vista é a do novo membro do xurado Yayo Daporta. Alberto Chicote explicou por que Anxo León non puido estar durante esta segunda tempada. "Por varios compromisos laborais
decidiu non estar a medias", aseguraba o presentador?.
QUE PRATO ODIABAN DE PEQUENOS OS MEMBROS DO XURADO DE TOP CHEF?
Todos nós recordamos ese prato que non nos gustaba de pequenos e que odiabamos con todas as nosas forzas. O noso xurado tamén ten os seus. Ademais aproveitamos para pescudar si son máis de carne ou peixe, de doce ou de salgado. 
Susi Díaz recorda que a súa avoa facía uns "tabellacos", como unha croqueta de bacallau cun guiso. A Susi non lle gustaba comerllo xunto e tiña que facelo por obrigación.Recoñece que agora de maior fai o prato pero
coa croqueta por separado.
De Chicote xa o sabiamos, os ovos: "Posme un ovo frito e boto ás presas". O caso de Yayo é curioso, recorda que a sopa de cocido da súa nai non lle gustaba nada pero en cambio, a da súa avoa encantáballe.
Á hora para comer, Susi tírase polo salgado e o peixe, do mesmo xeito que Yayo. Chicote recoñece que non ten unha disciplina favorita pero a golichada gústalle muchísimo e fáiselle moi difícil obviar as sobremesas.
http://www.antena3.com/programas/top-chef/


Ningún comentario: